GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Escolas Abertas leva a cultura máis tradicional de Galicia ao Pereiro de Aguiar de man de docentes das distintas disciplinas chegadas e chegados de oito países diferentes

(24/07/2019)

Escolas Abertas leva a cultura máis tradicional de Galicia ao Pereiro de Aguiar de man de docentes das distintas disciplinas chegadas e chegados de oito países diferentes

 

As beneficiarias e beneficiarios do programa da Secretaría Xeral da Emigración levan ao escenario situado na Praza do Concello os coñecementos adquiridos durante as últimas dúas semanas a través de especialistas nas materias.

 

Antonio Rodríguez Miranda felicitou as e os 63 participantes na iniciativa do Goberno galego, a quen agradeceu a súa dedicación á difusión do patrimonio inmaterial de Galicia.

 

Os beneficiarios e beneficiarias desta nova edición transmitirán a súa aprendizaxe aos seus respectivos alumnos e alumnas da Arxentina, O Uruguai, O Brasil, Venezuela, Cuba, Chile e México.

 

Imaxe da gala de clausura das Escolas Abertas 2019 celebrada este serán no Pereiro de Aguiar

Imaxe da gala de clausura das Escolas Abertas 2019 celebrada este serán no Pereiro de Aguiar

 

O Pereiro de Aguiar (Ourense), 23 de xullo de 2019.

 

O programa da Secretaría Xeral da Emigración Escolas Abertas trasladou este ano a súa gala de clausura ao Pereiro de Aguiar, ata onde levou por primeira vez a cultura máis tradicional de Galicia da man de docentes das distintas disciplinas procedentes de oito países diferentes. Os 63 beneficiarios e beneficiarias desta iniciativa do Goberno galego levaron ao escenario instalado para a ocasión na Praza do Concello do municipio ourensán os coñecementos que adquiriron durante as últimas dúas semanas nas clases que impartiron especialistas da Galicia territorial nas distintas materias.

 

A Arxentina, O Uruguai, O Brasil, Venezuela, Cuba, Chile, México e España estiveron representados a través das profesoras e profesores dos diferentes centros galegos que, tan pronto regresen aos seus países de procedencia, transmitirán tanto a aprendizaxe das materias como as distintas técnicas pedagóxicas aprendidas aos seus alumnos e alumnas.    

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen presidiu o acto acompañado da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde do Pereiro do Aguiar, Luis Menor, aproveitou para felicitar os beneficiarios e beneficiarias deste programa, a quen agradeceu á súa “dedicación e ilusión na difusión do patrimonio inmaterial de Galicia, unha das xoias que debemos protexer con máis coidado entre todos para evitar que o tempo ou a distancia nos afasten dela”. 

 

A gala de clausura de Escolas Abertas permitiu amosar a evolución do alumnado de cada un dos cursos de especialización en gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas