GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña. Acampa mostra a situación de millóns de refuxiadas

(20/06/2019)

Acampa mostra a situación de millóns de refuxiadas

 

O campamento despregado nos xardíns poderá visitarse ata este sábado

 


20/06/2019

A realidade que están a vivir a día de hoxe en diversas partes do planeta millóns de mulleres refuxiadas é o obxectivo no que Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio puxo a súa mirada nesta edición que se inaugura esta mesma mañá nos xardíns de Méndez Núñez. Alí, fronte ao Quiosco Alfonso, permanecerá instalado un campamento de refuxiados aberto a visitas ata o sábado que pretende achegar ao público a situación destas persoas. Ás 11.30 horas abrirase oficialmente Acampa cunha actuación musical de Wöyza, tras a que se realizará unha visita guiada coa presenza de distintas autoridades.

 

Con este acto inaugúranse tamén as sete exposicións fotográficas a través das cales se pretende mostrar como é a vida das mulleres refuxiadas, e que poderán verse tanto en recintos expositivos como na propia rúa. Entre os traballos fotográficos que se expoñen está o de Anna Surinyach, que mostra nelas, tamén (sala de exposicións de Salvador de Madariaga) como as mulleres son as máis vulnerables de entre os vulnerables. Tamén poderá verse o poder que exerce o juju -maxia negra africana- sobre centos de mozas levadas a Europa a exercer a prostitución, na exposición de Lorena Ros Escravas dunha débeda (Quiosco Alfonso).

 

Pola súa banda, a fotoperiodista Judith Prat presenta tamén no Quiosco Alfonso Boko Haram, unha guerra contra as mulleres, que nos achega á terrible realidade que se vive en Nixeria. Doutros lugares en conflito, como Siria, móstranos imaxes Natalia Sancha nunha exposición no Quiosco Alfonso cuxo título non deixa lugar a dúbidas: Siria non é país para mulleres.

 

O drama familiar dos que ven obrigados a abandonar os seus fogares queda reflectido en Nais refuxiadas en Europa (Salvador de Madariaga), de Santi Palacios, que recolle o testemuño de cinco mulleres que explican a súa situación aos seus fillos. Testemuños estremecedores como os reunidos pola mexicana Mónica González en Xeografía da dor, un proxecto documental que pode verse no Quiosco Alfonso que conta as historias dos familiares das persoas desaparecidas en México.

 

E ao aire libre, no Obelisco, poderán verse as fotografías de Rohingyás, fuxindo do xenocidio, de Olmo Calvo, que tamén presenta en Acampa a exposición Náufragas.

 

Polo demais, neste primeiro día de Acampa, ás 18.30 horas, gravarase na carpa central situada nos xardíns o programa radiofónico Carne Crúa, dirixido e presentado por Javier Galego, no que entrevistará a Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional, e á cantante galega Sés. Máis tarde, ás 20.00 horas e no mesmo lugar, terá lugar un encontro titulado Feminicidio, un crime global, no que participan Maribel Tellado, responsable adxunta do departamento de campañas de Amnistía Internacional, e Céline Bardet, xurista experta en crimes de guerra, ademais da escritora e xornalista Lula Gómez.

 

A música ten tamén un papel importante en Acampa. A partir das 22.00 horas haberá un festival no que poderá gozarse dos concertos de High Paw, Pardo e Stoned at Pompeii.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas