GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.155.149 ocupados en maio

(20/06/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.155.149 ocupados en maio

 

 

Foto ilustrativa

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

20/06/2019

 

 

- Son 68.749 afiliados máis que en abril, o 3,30% máis

 

- A variación interanual sitúase no 7,54%

 

 

A Seguridade Social rexistrou 2.155.149 traballadores estranxeiros en maio, 68.749 máis que en abril. No último mes a cifra deste colectivo creceu un 3,30%.

A porcentaxe de crecemento interanual sitúase no 7,54%, con 151.087 traballadores foráneos máis que en maio de 2018.

Do total de afiliados doutros países, os grupos de traballadores máis numerosos proceden de Romanía (361.574), Marrocos (279.965), Italia (126.779) e China (106.475). Séguenlles os traballadores nacionais de Ecuador (75.170), Reino Unido (72.986), Colombia (70.887), Bulgaria (66.430) e Portugal (56.401).

Comunidades autónomas

Illas Baleares, cun incremento do 18,48%, é a comunidade autónoma na que máis creceu a afiliación de estranxeiros no último mes, seguida de Aragón (12,17%), A Rioxa, co 10,34%, e Estremadura (10,17%). A ocupación de traballadores doutros países aumenta en todas as comunidades autónomas salvo en Canarias (-1%).

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Estremadura e Aragón son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano, cun incremento do 14,27%% e o 9,01% respectivamente. A continuación sitúanse Galicia (8,97 %), País Vasco (8,94%), Cataluña (8,90%), Navarra (8,57%) e Madrid (8,46%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.811.029 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 258.869 ocupados, e o de Fogar, con 172.205). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 339.376 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 4.682, e o do Carbón, con 61.

En maio, de entre os afiliados estranxeiros, 1.265.626 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (889.522) de países comunitarios.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en maio, 1.202.903 son homes e 952.246 son mulleres.

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas