GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Curtis lidera unha iniciativa a nivel europeo para integrar a migrantes

(18/06/2019)

Curtis lidera unha iniciativa a nivel europeo para integrar a migrantes


Participarán representantes de 13 países en cinco seminarios que terán lugar en cidades da UE // É un dos concellos máis activos nestes programas



El alcalde de Curtis, cuarto izquierda, en uno de los numerosos proyectos europeos que promovió en los últimos años

O alcalde de Curtis, cuarto esquerda, nun dos numerosos proxectos europeos que promoveu nos últimos anos


El Correo Gallego. ARTURO REBOYRAS SANTIAGO | 16.06.2019

 

 

Un ambicioso proxecto europeo para integrar aos inmigrantes. É a gran aposta do Concello de Curtis. O municipio da provincia da Coruña lidera unha iniciativa na que participan 14 entidades locais de 13 países da UE, enmarcada no Programa Europa dos Cidadáns-Rede de Cidades, impulsado pola Comisión Europea.

Baixo o título Da inmigración á integración, desenvolverase a través de cinco encontros, que terán lugar en diferentes lugares durante 16 meses. A primeira reunión celebrarase a semana que entra en Gondomar-O Porto (Portugal), á que seguirán outras xornadas en Tar- Budapest (Hungría), Vilnius (Lituania), Saft-A Valleta (Malta) e finalmente no concello anfitrión, Curtis.

O proxecto márcase como obxectivos "reflectir as causas do rexeitamento social e cultural das migracións, tanto internas como externas, mediante visitas de estudo, seminarios ou mesas redondas, a entidades locais, sociais e culturais e a asociacións ou grupos de voluntarios". Tamén trata de ampliar o coñecemento sobre o fenómeno migratorio, "de maneira que permita entender as diferenzas, deixando de lado os estereotipos, prexuízos e estigmación de certos pobos e rexións". Outro dos propósitos é "asegurar o intercambio de boas prácticas a través dos representantes políticos que participen nas xornadas, o que á súa vez fomentará o diálogo estruturado e intercultural entre os participantes e as diferentes entidades que se somen á iniciativa".

Así mesmo, preténdese comparar os instrumentos e niveis de acción en materia de inclusión, integración, asimilación e exclusión de cada un dos estados participantes. Como fin último, destacan desde o Concello de Curtis, búscase "promover un sentido común de pertenza europea, coa intención de buscar unha sociedade máis incluínte, segura e que defenda os dereitos humanos, á vez que recoñece a importancia das institucións europeas". A cada un dos encontros asistirán entre 80 e 100 embaixadores dos diferentes países participantes: Chipre, Estonia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonoa, Lituania, Malta, Portugal, Eslovaquia e España.

A este respecto, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, sinalou en conversacións con este xornal que " é unha realidade que no noso Concello precísase man de obra para o sector primario. Hai moita demanda e integrar aos migrantes é unha grande oportunidade tanto para eles como para as empresas que precisan traballadores". O rexedor é partidario de " aproveitar este tipo de proxectos e programas, enmarcados nas políticas europeas e no Tratado de Lisboa, para estudar posibilidades de entrada para todas estas persoas de outros países que queren vir aquí; e tamén para satisfacer as nosas necesidades". Neste sentido, indicou que con este proxecto de ámbito europeo tratan de " socializar aos veciños do noso municipio con representantes de outros países, para todos xuntos abordar esta temática, que pode ser moi beneficiosa para todos".

Sumaranse á iniciativa numerosos mozos e asociacións xuvenís das localidades participantes a través do departamento de Programas Europeos da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Doutra banda, cabe destacar que un recente informe da entidade Europ Direct sinala que Curtis é un dos tres concellos máis activos en proxectos europeos na provincia da Coruña entre os anos 2014-2019. Ao preguntarlle por esta cuestión, Caínzos vai máis aló: " Máis de 200 xóvenes do noso Concello participaron en proxectos europeos nos últimos nove anos, ben en intercambios ou programas de voluntariado noutros países".

123 veciños doutras nación

••• Explica Javier Caínzos que un dos motivos polos que impulsan este proxecto europeo é para apoiar aos cidadáns estranxeiros que residen no Concello, un total de 123 persoas, segundo o padrón municipal. Das estatísticas despréndese que en Curtis viven 19 portugueses, 16 colombianos, 16 marroquís, 12 romaneses, 12 brasileiros, seis cubanos, seis dominicanos, cinco polacos, cinco chineses ou tres rusos. Así mesmo, tamén están empadroados no municipio coruñés cinco ingleses, unha alemá, unha belga e unha sueca, entre outros. A iniciativa 'Da inmigración á integración' desenvolverase durante 16 meses, coa achega de 13 países e un orzamento total de 138.600 euros, que financia a Comisión Europea.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas