GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

María Xosé Porteiro: “Volve o momento de entender o que é irse da casa, a emigración

(12/06/2019)

María Xosé Porteiro: “Volve o momento de entender o que é irse da casa, a emigración"



María Xosé Porteiro

María Xosé Porteiro


A Rexión Internacional

Elisabet Fernández 11/06/2019


A xornalista e escritora tardou 10 anos en repousar a historia que este martes presenta no Foro A Rexión:" Sándalo" (editorial Galaxia). Os inicios coinciden coa súa etapa na política, como delegada da Xunta en Arxentina. Alí víase reflectida nos relatos de vida que atendía no traballo. De nai asturiana e pai lucense, esta filla da emigración naceu en Madrid e trasladouse a Cuba con 4 anos. En "Sándalo" reivindica a riqueza da emigración. Todo o que xerou a ida de galegos a Cuba durante dous séculos e as relacións que se xestaron. A cita é ás 20,30 horas no Valcárcel. Estarán os xornalista Alfonso S. Pombais e Xosé Antonio Perozo e a exdirectora da Fundación Galicia Emigración da Xunta, Pilar Pin.

Atopouse cunha relación máis forte do que esperaba entre Galicia e Cuba?

Todo está nos libros de historia, pero como todas as cousas sobre as que non se acende a luz, quedan no esquecemento. Cando falamos de emigración parece que estamos sobre o tópico e realmente emigración supuxo intercambio cultural e mestizaxe. Os galegos contribuíron á formación dun país que estaba en construción. Fago unha reivindicación sentimental do valor e a epopea que viviron os nosos homes e mulleres, que quizais non está suficientemente recoñecida polo imaxinario popular.

Perdemos a memoria?

Coa emigración pásanos como coa choiva, está tan presente que non a vemos. Mesmo nas familias hai preguiza para lembrar o que a emigración foi, porque soa a drama. Quixera poñer a atención sobre o valor e a heroicidade das persoas que saían como o que se tiraba ao mar. E se me salvo, salveime.

Que queda hoxe desa relación histórica entre Cuba e Galicia?

Forma parte do noso inconsciente colectivo. En todas as familias de Galicia hai unha historia de emigración. Parecen historias persoais pero quero facer ver que é unha historia compartida. Volve haber un momento para entender o que é irse de casa.

Hai 17 anos que non publica novela...

Escribo por traballo e neste tramo non deixei de publicar. Pero esta novela necesitaba máis tempo. E teño outra novela que a presentarei en xullo, "Buscando a Clara". É unha iniciativa da editorial Elvira para escribir sobre barrios de Vigo. Eu escribo sobre Candeán. Talvez renacese a novelista que non puido ser ata agora pola política e o xornalismo.

“Sándalo", o título.

Tróuxenme unha caixa de madeira de sándalo de Cuba, o único que conservo daquela etapa. Resume a idea do que permanece, o cheiro que che deixa o vivido e ten o suficiente exotismo.

Como lembra a súa infancia?

Esperteime á vida alí. Non entendía o que pasara en Cuba ata que vin a España. Entendín que o que eu vivira era o que viviran miles de persoas antes que eu. Na miña etapa de delegada da Xunta en Arxentina e Montevideo atopábame comigo no espello. Era un "deja vú" permanente coa xente que atendía. Aí, hai 10 anos, naceu a necesidade de escribir esta novela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas