GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Sen a emigración non se pode explicar a historia de Galicia"

(31/05/2019)

"Sen a emigración non se pode explicar a historia de Galicia"

"A xente descoñece o noso pasado emigrante e permítese auténticas 'perlas' sobre a inmigración"

 

30.05.2019 | La Opinión

 

Pilar Cagiao, onte, antes da súa conferencia.

 

 

 

¿Hai diferenzas entre a emigración galega dos séculos XIX e XX coa do resto de Europa?

 

Formamos parte do transvasamento brutal de 50 millóns de europeos que entre 1850 e 1930 cruzaron o charco. As cantidades que achegou Galicia son importantes porque roldan os dous millóns de persoas, pero a singularidade do caso galego pode ser a persistencia no tempo, xa que outras zonas europeas cumpriron un ciclo e non volveron emigrar, mentres que aquí houbo un goteo persistente que mesmo chegou a 1950. E outra característica é que mentres que en Europa a emigración acabou en 1930 pola crise do capitalismo, en Galicia continuou tras a Guerra Civil e chegou case ata a década do setenta, porque o último destino migratorio foi Venezuela.

 

¿A causa da emigración foi só a ausencia de recursos económicos?

 

Esa é a primeira explicación que parecía convencer aos que nos achegamos á historia da emigración galega. Pero non o abarca todo, porque pode valer para casos de crises agrarias nas que houbese recursos insuficientes, pero non hai que esquecer que houbo factores como o desmantelamento da industria artesanal galega e as serias dificultades para incorporarse á nova industrialización. Aínda así, as modernas teorías non estudan só o que ocorre dun lado, xa que hai tamén factores de atracción. Ninguén emigra sen saber onde vai e iso explica os volumes de emigración dos que estamos a falar. A xente non se habería ir a Cuba se a industria azucreira non demandase de forma continua man de obra, do mesmo xeito que en Arxentina e Uruguai facíao a agropecuaria, onde tiraban de toda a economía.

 

Pero moitos emigrantes veríanse decepcionados ao chegar alí.

 

Iso ten que ver con cada momento e as experiencias persoais de cada emigrante, porque non todos a culminaron con éxito, aínda que en termos xerais entre 1880 e 1930 as posibilidades en América eran moitísimo maiores que aquí. Outro exemplo máis tardío é o de Venezuela, que abriu as súas portas a emigración en 1948 pola aparición do petróleo.

 

¿Tivo efectos negativos para Galicia esa emigración?

 

Si e a moitos niveis, o máis importante a ruptura das familias e que moitos nenos traballasen desde moi pronto, pero a investigación moderna pregúntase que fose de Galicia sen todo o que nos devolveu a emigración. Non podemos explicar a historia contemporánea de Galicia sen ter en consideración a emigración, xa que beneficiou aos portos, as cidades e ás burguesías urbanas, mentres que as remesas chegadas permitiron modernizar a agricultura, construír máis de 300 escolas, expandir as cidades e modernizar os costumes.

 

¿Está a perderse a memoria desa emigración?

 

Totalmente. É un tema que sempre privilexiei nas miñas clases pero que aos meus alumnos cada vez sóalles máis a chinés porque se perdeu esa conciencia. A traxedia é que a xente da rúa descoñece o noso pasado emigrante e permítese auténticas perlas de opinión sobre a inmigración en España, que non chega a nada semellante ao que nós fixemos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas