GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta activa axudas por 380.000 euros para impulsar a contratación de persoas en risco de exclusión social, entre as que inclúe por primeira vez as e os emigrantes retornados

(23/05/2019)

A Xunta activa axudas por 380.000 euros para impulsar a contratación de persoas en risco de exclusión social, entre as que inclúe por primeira vez as e os emigrantes retornados

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a liña de apoios destinada ás empresas de inserción laboral, que incorporarán arredor de 50 persoas desempregadas.

 

Apóiase o mantemento do custo salarial dos traballadores e traballadoras e os custos para o inicio de actividade, a formación ou transformación de contratos en indefinidos.

 

O período dos contratos que se financian é entre o 1 de outubro de 2018 ao 30 de setembro de 2019.

 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019.

 

A Xunta vén de activar, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), a liña de axudas destinada á contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social en empresas de inserción laboral, entre as que inclúe por primeira vez as e os emigrantes retornados. A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá nesta actuación 380.000 euros co obxectivo de impulsar o emprego nas 10 compañías desta tipoloxía que existen en Galicia a través da contratación de 56 persoas. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

 

En concreto, estes apoios van dirixidos ás empresas de inserción laboral para a contratación de persoas perceptoras da Risga e persoas cualificadas polos servizos sociais en situación de risco de exclusión social. Para optar a estas axudas, cada empresa de inserción laboral deberá ter como mínimo un 30% dos seus postos de traballo ocupados por persoas en situación de exclusión e as persoas en proceso de inserción laboral poderán estar contratadas un máximo de 3 anos. Non se apoiarán contratacións inferiores a 6 meses nin xornadas laborais inferiores ao 50%. 

 

As empresas de inserción laboral son aquelas que, entre outros requisitos, proporcionan aos seus traballadores e traballadoras medidas personalizadas de apoio, os seus cadros de persoal están formados nun 30% como mínimo por persoas en risco ou situación de exclusión social e aplican o 100% dos seus resultados á mellora ou ampliación das estruturas produtivas vinculadas á inserción laboral dos seus traballadores e traballadoras ou a programas de inserción laboral das súas entidades promotoras, ás que tamén van dirixidas estas axudas. En concreto, as entidades promotoras son aquelas corporacións de dereito público, entidades sen ánimo de lucro ou fundacións que inclúen a inserción social das persoas en risco de exclusión entre os seus fins e promoven a constitución de empresas de inserción laboral.

 

Incremento do 10% nos pagamentos anticipados


O programa da Xunta inclúe como novidade este ano o incremento nun 10% dos pagamentos anticipados, que acadarán ata o 90% da axuda concedida. A iniciativa conta con dúas liñas: axudas para o mantemento do custo salarial dos traballadores e traballadoras e, doutra banda, incentivos para compensar os custos adicionais do emprego, como por exemplo, os gastos derivados do proceso de creación das empresas ou de formación dos empregados e empregadas, entre outros. 

 

No primeiro caso, a Administración Autonómica financia os custos salariais cunha contía equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional mensual (incluídas dúas pagas extras) por cada traballadora ou traballador contratado. O período dos contratos que se financian é entre o 1 de outubro de 2018 ao 30 de setembro de 2019. 

 

A segunda liña de axudas conta con sete tipos de apoios diferentes. Así, incentívase a asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación das empresas de inserción laboral, o inicio e posta en marcha da actividade e a creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en proceso de inserción laboral, sempre que os novos contratos estean relacionados coas actividades desenvolvidas pola empresa de inserción.  

 

Contratación de persoal técnico

 

Así mesmo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria financia a contratación de xerentes ou persoal técnico de produción; a contratación de persoal técnico en orientación e acompañamento á inserción; a formación das persoas en proceso de inserción laboral; e a transformación de contratos en indefinidos. Neste último caso, apoiarase con 6000 euros a contratación de persoas en proceso de inserción laboral nunha empresa ou a transformación dun contrato en indefinido na mesma compañía de inserción laboral. Esta contía tamén se concederá para aquelas persoas que se convertan en autónomos ou se incorporen como socias traballadoras a unha sociedade cooperativa ou laboral. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas