GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.086.400 ocupados en abril

(21/05/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.086.400 ocupados en abril

 

Foto ilustrativa

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

21/05/2019

 

  • Son 59.443 afiliados máis que en marzo, o 2,93% máis
  • A variación interanual sitúase no 8,07%


A Seguridade Social rexistrou 2.086.400 traballadores estranxeiros en abril, 59.443 máis que en marzo. No último mes a cifra deste colectivo creceu un 2,93%.

A porcentaxe de crecemento interanual sitúase no 8,07%, con 155.778 traballadores foráneos máis que en abril de 2018.

Do total de afiliados doutros países, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (352.232), Marrocos (270.432), Italia (120.967) e China (105.451). Séguenlles os traballadores nacionais de Ecuador (73.323), Reino Unido (70.289), Colombia (67.796), Bulgaria (64.374) e Portugal (54.409).

Comunidades autónomas

Illas Baleares, cun incremento do 18,54%, é a comunidade autónoma na que máis creceu a afiliación de estranxeiros no último mes, seguida de Estremadura (5,47%), Andalucía, co 5,06%, e Cantabria (4,26%). A ocupación de traballadores doutros países aumenta en todas as comunidades autónomas salvo na Rioxa (-1,40%), Castela-A Mancha (-0,46%) e as Illas Canarias (-0,06%).

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Estremadura e Aragón son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano, cun incremento do 11,51% e o 11,36% respectivamente. A continuación sitúanse Navarra (10,83%), País Vasco (9,38%), Cataluña (9,37%) e Galicia (9,08%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.745.322 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 237.507 ocupados, e o de Fogar, con 172.786). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 336.456 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 4.559, e o do Carbón, con 63.

En abril, de entre os afiliados estranxeiros, 1.224.349 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (862.051) de países comunitarios.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en abril, 1.166.994 son homes e 919.406 son mulleres.

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas