GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Burela, unha Torre de Babel mirando ao Cantábrico

(20/05/2019)

Burela, unha Torre de Babel mirando ao Cantábrico

O municipio burelao é un exemplo perfecto do impacto positivo da inmigración na economía e na demografía

 

xornaldamariña.gal Redacción
-

Un mariñeiro caboverdiano, traballando no porto de Burela. EFE/Eliseo Trigo

 

 

EFE. A onda migratoria transformou Burela, un pobo costeiro situado á beira do mar Cantábrico. No 1978 chegaron a este núcleo galego os primeiros inmigrantes caboverdianos, cuxa estela seguiron senegaleses, peruanos, indonesios, e así ata as 42 nacionalidades que conviven entre os seus preto de 10.000 habitantes.

 

 

Este municipio lucense, un dos máis pequenos de Galicia -7,8 quilómetros cadrados- é o perfecto exemplo do impacto positivo da inmigración na economía e a demografía: é o único concello da provincia de Lugo cun crecemento vexetativo -a diferencia entre mortes e nacementos- positivo e a súa poboación medrou un 20% nos últimos 20 anos.

 

IMPULSO DEMOGRÁFICO

 

“Hai dúas características fundamentais de Burela: a gran cantidade de xente que vén de fóra e a xuventude, xa que temos unha pirámide poboacional perfecta, con máis persoas menores de 20 anos que maiores de 64“, explica nunha entrevista concedida a Efe o alcalde, o socialista Alfredo Llano.

 

A IDADE MEDIA DOS RESIDENTES DE ORIXE ESTRANXEIRA É OITO ANOS INFERIOR E OS INMIGRANTES SUPOÑEN O 20% DA COMUNIDADE EDUCATIVA

 

O rexedor tamén destaca a “boa convivencia” entre persoas de diferentes nacionalidades. “Culturalmente estamos ben acoplados e a normalidade é absoluta, é un bo exemplo de como é agora o mundo, vaias onde vaias hai cidadáns doutras procedencias”, asegura. “Aquí non só viñeron persoas doutros países: hai tamén xente doutros lugares de España e Galicia“, expón Llano, natural da Fonsagrada.

 

A media de idade entre os moradores de orixe estranxeira -36 anos- é moi inferior á dos nacidos en Burela -43,94 anos-, mentres que a natalidade é tamén moi superior, o que provoca que, mentres que os inmigrantes supoñen un 10,13% da poboación, a cifra supera o 20% na comunidade educativa.

 

“NON HAI QUE SER TRIUNFALISTAS”

 

Como se xestiona esta particular situación desde o ámbito educativo? A resposta ideouna no 2004 o profesor do IES Perdouro, un dos dous centros de educación secundaria do pobo, Bernardo Penabade, creador do coñecido como ‘Modelo Burela‘, un sistema de integración que recibiu diversos recoñecementos.

 

“É un plan lingüístico elaborado cun criterio universalista, que busca aproveitar as virtudes de Burela como núcleo urbán da comarca e como foco de convivencia interracial“, precisa Penabade, que entende que calquera escola “ten a obriga de estar actualizada e dar resposta ás demandas que formula a sociedade”.

 

MALIA OS AVANCES, A PROPORCIÓN DE ESTUDANTES DESCENDENTES DE INMIGRANTES NO SISTEMA EDUCATIVO REDÚCESE CONFORME SE AVANZA DE CURSO

 

A integración, iso si, é “unha carreira de fondo” e, a pesar dos éxitos obtidos, cunha escolarización do 100% e un gran avance na aprendizaxe lingüística, “non hai que ser triunfalistas“. Así, lembra que a proporción de estudantes descendentes de inmigrantes redúcese conforme se avanza de curso, unha das grandes tendencias a cambiar.

 

“Sabemos que o camiño é longo e para avanzar temos que tender pontes con outras asociacións, servizos sociais, agrupacións de inmigrantes ou o Concello”, conclúe Penabade, convencido de que “aglutinando esforzos” será posible “seguir progresando” e mellorando os resultados académicos.

 

MÁIS DA METADE DAS TRIPULACIÓNS

 

Esta convivencia atopa a súa máxima expresión no sector pesqueiro, onde a poboación inmigrante soe superar o 50% da tripulación das embarcacións de baixura, de cerco e do pincho con base en Burela, un porto de referencia no litoral cantábrico no que diariamente captúranse máis de 110 especies diferentes.

 

“A escaseza de man de obra nacional levou no seu momento a buscar mariñeiros noutros lugares, normalmente con formación e experiencia no mar”, apunta o vicepatrón da Confraría de Pescadores de Burela, Raúl Canoura, quen sostén que no sector “non hai discriminación salarial de ningún tipo”.

 

“SEN INMIGRACIÓN NON SERÍA VIABLE O SECTOR PESQUEIRO”, EXPÓN UN PATRÓN

 

Iván, patrón do Villa Llanes e natural de Burela, medrou e educouse xunto a fillos de inmigrantes. Hoxe traballa con eles na súa embarcación. “Sen inmigración, hoxe en día non sería viable o sector“, afirma.

 

Jorge, un mozo caboverdiano, traballa con Iván. Leva 16 anos en Burela, onde primeiro se dedicou á construción e, tralo estoupido da burbulla inmobiliaria, comezou a traballar no mar, onde aprende “cada día máis” e segue “loitando por saír adiante, coma todos”.

 

“O POBO É UNHA PIÑA”

 

Toda a súa familia –pais e catro irmáns– residen en Burela, “un pobo que nos recibiu ben”, no que “non falta traballo” e onde toda a sociedade “é unha piña. Estou moi contento de estar aquí”, conclúe Jorge, feliz de vivir nun lugar “tranquilo” onde hai “recursos” para ter o que precisa e “vivir o presente con normalidade”.

 

A chegada de estranxeiros cambiou por completo a faciana de Burela, onde convive un crisol de culturas que deu nova vida a un municipio que soubo dar oportunidades e acoller a aqueles que, ano tras ano, contribuíron a construír unha globalización agora pendente do 26-M sabedores de que, nunha convocatoria electoral ou no mar, todo é azar.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2019
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas