GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.026.957 ocupados en marzo

(24/04/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.026.957 ocupados en marzo



Foto ilustrativa

 

Son 41.677 afiliados máis que en febreiro, o 2,1% máis

A variación interanual sitúase no 8,17%

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

23/04/2019

 

A Seguridade Social rexistrou 2.026.957 afiliados estranxeiros en marzo, 41.677 traballadores máis que en febreiro. No último mes a cifra deste colectivo creceu un 2,1%.

A porcentaxe de crecemento interanual sitúase no 8,17%, con 153.144 afiliados estranxeiros máis que hai un ano.

Do total de traballadores orixinarios doutros países afiliados ao Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (347.033), Marrocos (259.893), Italia (115.771) e China (104.183). Séguenlles os traballadores nacionais de Ecuador (72.025), Reino Unido (67.880), Colombia (65.234), Bulgaria (61.887) e Portugal (53.400).

Comunidades autónomas

Illas Baleares, cun incremento do 9,54%, é a comunidade autónoma na que máis subiu a afiliación de estranxeiros no último mes, seguida de Murcia, co 4,12%, Cantabria (3,37%) e Andalucía (3,27%). A ocupación de traballadores estranxeiros aumenta en todas as comunidades autónomas salvo en Castela-A Mancha (-1,6%) e A Rioxa (-0,41%).

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Neste sentido, é Castela-A Mancha a autonomía que máis afiliados estranxeiros sumou, cun 10,44%, seguida de Navarra (9,79%), Cataluña (9,24%) e País Vasco (9,23%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.690.470 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 227.829 ocupados, e o de Fogar, con 172.936). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 332.096 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 4.329, e o do Carbón, con 62.

En marzo, de entre os afiliados estranxeiros, 1.187.001 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (839.956) de países comunitarios.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en marzo, 1.139.804 son homes e 887.153 son mulleres.

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas