GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo di que os grandes cambios que experimentou Galicia nas últimas décadas non se explican sen o binomio emigración-democracia

(08/04/2019)

Feijóo di que os grandes cambios que experimentou Galicia nas últimas décadas non se explican sen o binomio emigración-democracia

 

Recorda que aínda que formalmente as orixes do Parlamento de Galicia se remontan á Constitución e ao Estatuto de Autonomía, o desexo de agrupar as vontades dos galegos e as galegas nunha cámara representativa vén de lonxe.

 

Asevera que a emigración galega é un fenómeno de globalización desprovisto de características negativas e que respecta ás ideas e costumes alleos.

 

Refírese aos 14 centros integrantes do Consello de Comunidades galegas que representan ao conxunto da nosa emigración e que foron galardoados hoxe como unha pequena embaixada que fai que Galicia non teña fronteiras.

 

O titular da Xunta participou no acto de imposición das Medallas do Parlamento de Galicia 2019

O titular da Xunta participou no acto de imposición das Medallas do Parlamento de Galicia 2019

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2019.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que os grandes cambios que experimentou Galicia nas últimas décadas non se explican sen o binomio que forman a emigración e a democracia. 

 

Durante o acto de imposición das Medallas do Parlamento de Galicia 2019, Feijóo lembrou que aínda que formalmente as orixes desta institución se remontan á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia, o desexo de agrupar as vontades das galegas e os galegos nunha cámara representativa, vén de lonxe. “Moito antes de que existira esta asemblea que recolle inquedanzas dos galegos para transformalas en decisións colectivas, houbo parlamentos galegos alí onde vivía unha comunidade emigrante”, abundou.

 

Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse á emigración galega como un fenómeno de globalización desprovisto de características negativas e que respecta ás ideas e costumes alleos “O galego non necesita desarraigarse para formar parte da sociedade que o acolle. Desde o principio incorpórase a ela e non quere ser un corpo estraño que poida ser visto como intruso ou visitante accidental, pero iso non implica esquecer a súa procedencia”. Tanto é así, dixo, que a emigración galega é un factor decisivo no desenvolvemento dos países de acollida ao tempo que serve de espello no que mirarse para os galegos e as galegas da casa.

 

Logo de aseverar que os galegos e as galegas de todos os hemisferios forman unha grande irmandade, o presidente da Xunta referiuse ao conxunto da nosa emigración representada nas asociacións do Consello de Comunidades galegas galardoadas coas medallas como unha pequena embaixada que fai que Galicia non teña fronteiras. Con verbas de agradecemento para os 14 centros: a Unión de Asociacións Galegas en Catalunya; o Centro Gallego de Salamanca; a Agrupación Hijos de Galicia en Sestao; o Lar Gallego de Sevilla; a Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa; o Centro Cultural Gallego de Cuxhaven; o Centro Galego de Londres; a Asociación Cultural ASC ‘As Xeitosiñas’ Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zürich; a Unidad Gallega dos Estados Unidos; o Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo; a Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas da Arxentina; a  Sociedad Cultural Rosalía de Castro de Cuba; a Casa de Galicia de Montevideo; e a Hermandad Gallega de Venezuela.

 

Finalmente, o titular do Goberno galego concluíu a súa alocución reivindicando a democracia representativa nun momento, o actual, no que está a ser cuestionada por forzas políticas de diferente signo e no que hai quen se apresura, indicou, a “pechar ou substituír os parlamentos”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas