GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social abre un espazo web con información á ciudadanía sobre o Brexit

(12/03/2019)

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social abre un espazo web con información á ciudadanía sobre o Brexit


Foto ilustrativa

11/03/2019


-No espazo Brexit infórmase sobre as medidas de protección dos cidadáns españois no Reino Unido e dos nacionais do Reino Unido en España, tanto no caso de que se produza unha retirada do Reino Unido con acordo ou sen el

 

-As medidas afectan ao dereito de residencia e traballo, á coordinación dos sistemas de seguridade social e á asistencia sanitaria

 

Ante a proximidade da data de retirada do Reino Unido da Unión Europea (o 29 de marzo ou máis tarde, se a Unión Europea e o Reino Unido acordasen unha prórroga da devandita data), o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social puxo en marcha na súa páxina web un espazo informativo sobre a protección dos dereitos dos cidadáns que exerceron o dereito á libre circulación antes do Brexit.

Dentro dese espazo, a información atópase dispoñible en castelán (http://www.mitramiss.gob.es/es/brexit/index.htm) e en inglés (http://www.mitramiss.gob.es/en/brexit/index.htm), e vai dirixida tanto aos nacionais británicos actualmente residentes en España, como aos españois residentes no Reino Unido.

As materias que se inclúen no apartado informativo sobre o Brexit están destinadas a informar sobre a garantía dos dereitos de residencia e traballo dos cidadáns, a súa seguridade xurídica, o proceso de documentación, así como a protección en materia de Seguridade Social e de asistencia sanitaria das persoas que tivesen ou teñan vínculos co Reino Unido.

Protección cidadá con acordo ou sen el

A información sobre o Brexit fai referencia tanto a unha situación de retirada do Reino Unido con acordo como sen el. En caso de acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre a retirada, os dereitos dos cidadáns quedarán protexidos polas garantías da parte segunda do Acordo de Retirada, xa aprobado polo Consello Europeo pero aínda pendente de ratificar polo Parlamento británico.

No caso de que non se alcance un acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre a retirada, a protección dos dereitos dos cidadáns será a establecida mediante as medidas unilaterais aprobadas polo Goberno e incluídas no Real Decreto-lei 5/2019, do 1 de marzo, polo que se adoptan medidas de continxencia ante a retirada do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte da Unión Europea, sen que se alcanzou o acordo previsto no artigo 50 do Tratado da Unión Europea.

O espazo informativo da web do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social referido ao Brexit, que será obxecto dunha actualización permanente, complementa o espazo informativo xeneral sobre o Brexit incluído na web da Presidencia do Goberno (http://www.lamoncloa.gob.es/brexit/Paginas/index.aspx).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas