GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O retorno dos galegos en idade laboral incrementouse en máis dun 87% nos últimos oito anos

(04/03/2019)

O retorno dos galegos en idade laboral incrementouse en máis dun 87% nos últimos oito anos

 

 

As estratexias de emigración e retorno da Xunta de Galicia son dúas das ferramentas clave para fomentar o regreso de galegos en idade laboral, que nos últimos oito anos se incrementou en máis dun 87 %. A cifra de galegos de entre 16 e 64 anos, tanto emigrantes como de segundas e terceiras xeracións, que decidiron voltar á súa terra de orixe pasou neste período dos 2.066 de 2009 aos 3.867 de 2017. Tamén os datos de emigración arroupan esta tendencia, xa que o número de galegos nacidos en Galicia en idade laboral reduciuse máis dun 31%, en 24.704 persoas, desde 2009 ata hoxe, baixando de 78.146 a 5.442. As cifras de retorno de galegos en idade laboral residentes no exterior son de  2017 (as últimas oficiais definitivas publicadas).

 

O primeiro semestre de 2018 a Galicia chegaron desde o estranxeiro 5.481 persoas máis das que saíron, o que supón un saldo migratorio positivo 3,25 veces maior (un 325,47 % máis) ca o do mesmo período do ano pasado.

 

Só nos primeiros seis meses deste ano o saldo migratorio co exterior supón xa máis 80 % do total de todo o ano pasado, cando chegaron máis de 6.600 persoas desde fóra das nosas fronteiras.

 

O número de menores de 45 anos que gañou a comunidade autónoma desde o estranxeiro entre xaneiro e xullo de 2018, 296, case cadruplica o saldo do mesmo período de 2017 (-97), e constitúe xa máis do 75% do total de todo o ano pasado.

 

En 2017 retornaron á provincia de Ourense 1.200 galegos dos 6.202 totais. É a terceira provincia con máis retorno despois da Coruña e a só 400 de Pontevedra. 

 

O  retorno medrou na provincia de Ourense un 82,65% entre 2009 e 2017, pasando de 867 a 1.200 persoas. De 2016, cando rexistrou un retorno de 921 persoas, a 2017 aumentou un 30,29%. Na provincia de Ourense o retorno de galegos menores de 65 anos aumentou un 81,72%, pasando dos 465 de 2009 aos 845 de 2017. Os menores de 45 anos medraron un 148%, dos 204 de 2009 aos 506 do pasado exercicio. De entre 16 e 54 anos, é dicir, en idade laboral e aínda con anos laborables por diante, incrementáronse un 132,30%, pasando dos 245 de 2009 aos 508 de 2017.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Setembro 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas