GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda pide desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e as importantes achegas que as e os emigrantes fixeron desde os países de destino á súa terra de orixe

(18/02/2019)

Miranda pide desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e as importantes achegas que as e os emigrantes fixeron desde os países de destino á súa terra de orixe

 

O secretario xeral da Emigración presidiu “O Círculo Habanero coa Emigración”, que contou coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que presentou o seu cedé “Legado indiano”.

 

O responsable do departamento autonómico salientou que as e os emigrantes seguen a enriquecer hoxe á comunidade galega a través do retorno.

 

O responsable autonómico fixo este chamamento durante a celebración do acto 'O Círculo Habanero coa Emigración', organizado polo Círculo Habanero da Devesa

O responsable autonómico fixo este chamamento durante a celebración do acto 'O Círculo Habanero coa Emigración', organizado polo Círculo Habanero da Devesa

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Ribadeo, 17 de febreiro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pediu onte desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e amor pola terra que durante décadas amosaron as e os emigrantes galegos desde os seus países de destino, e que materializaron en achegas económicas e sociais que, nalgúns casos, foron fundamentais para a comunidade galega.

 

O responsable autonómico fixo este chamamento durante a celebración do acto O Círculo Habanero coa Emigración, organizado polo Círculo Habanero da Devesa e celebrado na histórica e emblemática sede que a agrupación posúe no concello costeiro da Mariña Lucense. “Foron escolas, pero tamén foron centros de formación e casas de cultura. Foron doazóns económicas, pero tamén foi un interese constante polos seus e pola súa terra, un amor incondicional de milleiros de emigrantes que, desde milleiros quilómetros de distancia, enviaban ás veces e entregaban en persoa noutras ocasións. Sempre sen agardar nada a cambio, só pola satisfacción de saber que a aldea, concello ou provincia que os viu nacer melloraban cada día un pouquiño máis”, lembrou Miranda.

 

O secretario xeral da Emigración salientou, así mesmo, que as emigrantes galegas e galegos “seguen a enriquecer aínda hoxe á comunidade autónoma a través, entre outras cousas, do retorno. A experiencia, o coñecemento, a renovación demográfica e a súa capacidade emprendedora supón unha ferramenta fundamental coa que conta Galicia para superar o reto demográfico que afronta o país”, engadiu.

 

Habaneras e poemas musicados

 

O evento contou, así mesmo, coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que aproveitou a ocasión para presentar no Círculo Habanero da Devesa o seu cedé Legado indiano, publicado o pasado mes de xullo. Trátase do segundo disco da coral ribadense, decana da provincia, tras Nos mares da música, que veu a luz en 2002. O disco recolle, entre outros estilos, habaneras de autores da propia vila e poemas de El Viejo Pancho convertidos en milongas, todas elas inéditas ata o momento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas