GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os Orzamentos para 2019 prevén unha subida de máis de 6 millóns na partida de Migracións a favor dos emigrantes

(17/01/2019)

Os Orzamentos para 2019 prevén unha subida de máis de 6 millóns na partida de Migracións a favor dos emigrantes


Redacción, Vigo | 16 Xaneiro 2019 - Crónicas da Emigración



La ministra de Hacienda y sus colaboradoras, con el Proyecto de Presupuestos a la puerta del Congreso.

A ministra de Facenda e as súas colaboradoras, co Proxecto de Orzamentos á porta do Congreso.

 

Os Orzamentos Xerais do Estado para 2019 contemplan unha subida de algo máis de 6 millóns de euros con respecto a 2018 na partida da Secretaría de Estado de Migracións para as ‘Accións en favor dos emigrantes’, que, de aprobarse as contas do Goberno de Pedro Sánchez, pasará dunha dotación de 59.367.420 a 65.380.730 euros.

Desta cantidade, a maior contía, 56.615.000 euros, destínase a prestacións por razón de necesidade e outras axudas para emigrantes. Delas, prevese que en 2019 se beneficien 13.000 persoas maiores de 65 anos e 200 incapacitados con carácter absoluto. Mentres, 3.700.000 euros van para familias e institucións sen fins de lucro; 1.500.000 para centros e institucións asociativas de carácter social, benéfico, cultural e educativo, e 1.010.000 para axudas a proxectos, iniciativas e accións dirixidas a españois no exterior e retornados, incluídos os programas para mozos. O resto do orzamento, ata os algo máis de 65 millóns de euros, distribúese entre gastos de persoal, gastos correntes e transferencias.

Das axudas asistenciais no exterior poderíanse beneficiar ao redor de 2.000 persoas e dos plans de atención sanitaria, 6.900. Mentres, uns 150 maiores e dependentes poderán realizar actividades asistenciais no exterior grazas ás partidas do Goberno.

Pola súa banda, uns 200 centros para españois no exterior recibirán apoio para obras de equipamento de carácter asistencial e cultura, e a Oficina Española do Retorno emprenderá ao redor de 4.500 accións encamiñadas a informar e asesorar aos retornados, mentres que das axudas para a atención das necesidades extraordinarias deste colectivo beneficiaranse unhas 1.000 persoas.

A proposta consigna unha nova dotación de 3 millóns de euros para financiar un plan de retorno do talento, cun orzamento de 200 accións encamiñadas a tal fin, que contendrá medidas socio-laborais, como programas de emprego, educativos, asistenciais e de asesoramento, para facilitar o retorno e a reinserción dos españois no exterior.

Tamén se recoñece unha pensión asistencial para aqueles emigrantes retornados maiores de 65 anos carentes de recursos, en tanto non accedan á pensión non contributiva da Seguridade Social por xubilación, para o que se destinan 47 millóns de euros, que se repartirán entre 450 beneficiarios, segundo estima o Goberno.

A Lei 3/2005, do 18 de marzo, recoñece unha prestación económica aos cidadáns de orixe español desprazados ao estranxeiro durante a súa minoría de idade, como consecuencia da Guerra Civil, e que desenvolveron a maior parte da súa vida fora do territorio nacional, recolle o Proxecto. Por iso, para 2019, o crédito para atender a este colectivo, que podería ascender a 1.200 beneficiarios, é de 6 millóns de euros.

Pola súa banda, a través do programa de Educación no exterior, dotado para 2019 con 96 millóns de euros (2,7 menos que en 2018), sostense a oferta de educación españonda para alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria en diversos centros no exterior, xa sexan de titularidade estatal, de convenio ou seccións españolas en centros estranxeiros ou internacionais, co obxectivo de estender o dereito á educación aos españois residentes fora das fronteiras españolas e ofertar as enseñanzas do sistema educativo a cidadáns doutros Estados, como medio de proxección lingüística e cultural do país. Polo que respecta ao Instituto Cervantes, contará en 2019 cunha partida que se eleva a 129.237.680 euros, o que implica un aumento de 5,2 millóns de euros con respecto ao ano anterior.

Exteriores

A partida orzamentaria que presenta o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación no apartado de ‘Acción do Estado no exterior’ diminúe lixeiramente no presente exercicio, ao pasar dos 791.916,70 euros de 2018 a 769.308,49 no Proxecto de Orzamentos para 2019. Mantense, con todo, a partida de 2.304,72 euros para a protección de españois no estranxeiro, tanto en asistencia social como en evacuacións, hospitalizacións e repatriacións e de 30.000 euros para asistir aos cidadáns españois no exterior que afrontan condenas de pena de morte.

A familias e institucións sen ánimo de lucro destínase unha partida de 825.000 euros, dos cales, 200.000 van para defensa e protección dos dereitos humanos.

O Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 foi presentado o pasado luns no Congreso dos Deputados pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, coa esperanza de que sexan aprobados pola Cámara, posto que “o reforzo do Estado de Benestar comporta un impulso ás políticas de Pensións, Sanidade, Educación e Servizos Sociais”, considera o Goberno.

A falta de apoio dalgúns dos grupos que contribuíron á vitoria de Sánchez na moción de censura (ERC e PDECAT) podería poñer en perigo estes orzamentos que, segundo o Executivo, “preséntanse nun contexto macroeconómico favorable, caracterizado pola robustez do crecemento, que mantén o seu dinamismo a pesar da lixeira ralentización observada”.

“España continúa rexistrando taxas de crecemento superiores ás das principais economías” da contorna, segundo recolle o texto, “situación que se repetirá tamén en 2019, o que contribúe a pechar a brecha de renda existente con estes países”, asegura.

Así mesmo, engade que “para 2019, espérase que o crecemento se sitúe no 2,2 por cento, de novo impulsado pola demanda nacional, cuxos principais compoñentes manterán taxas de crecemento fortes, pero más moderadas que en 2018”.

“Continuasé tamén o proceso de creación de emprego e de reducción da taxa de paro. Así, se prevé un ritmo de creación de emprego próximo ao 2 por cento anual e que a taxa de paro se sitúe no 14 por cento”, apostila.

“Os PGE para 2019 –segundo o Proxecto– impulsan, non só as políticas sociais, senón tamén aquelas actuacións de  carácter económico que potencian a innovación, o cambio tecnolóxico, o capital humano, en definitiva, de actuacións que son impulsoras da produtividade” dos “factores de producción” e de “a economía” española.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas