GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración, man tendida á perda de veciños no rural

(30/11/2018)

A inmigración, man tendida á perda de veciños no rural


    A chegada de poboación venezolana a Ourense evitou que colexios sen nenos botasen o peche


Patricia Abet
@abcengalicia 
Santiago Actualizado:29/11/2018


A emigración marcou o paso nas últimas décadas do século XX en comarcas rurais como Terra de Celanova ou Allariz. Pero agora, e segundo revela un estudo realizado pola Organización Internacional para as Migracións (OIM), este fenómeno podería investirse. Porque, aínda que en cantidades non comparables, o fluxo de inmigrantes que nos últimos anos recalaron nestes puntos da provincia de Ourense está a lograr «amortecer» a perda incesante de veciños. Así o demostra unha investigación que tomou como mostra catro áreas rurais de Galicia, Aragón, Estremadura e Castela e León afectadas polo despoboamento e que en todos os casos parecen atopar na chegada de inmigrantes unha vía de escape á desertización dos seus territorios.

No caso de Terras de Celanova e Allariz, o estudo indica como punto de partida que a súa densidade de poboación é baixa e que conta con un tecido empresarial pouco denso. Cunha media de idade moi elevada, os datos demostran que o número de habitantes destas áreas non deixa de minguar desde os anos 40 debido a múltiples factores entre os que se contan a propia emigración, o abandono do campo ou o descenso da natalidade. As consecuencias destes fenómenos debuxan un mapa cun padrón de apenas 15.000 veciños en comarcas como Allariz-Maceda. Fronte a este panorama, a análise da OIM presentado onte na Secretaría de Estado de Migracións destaca unha «progresiva substitución da figura do emigrante pola do inmigrante» e marca como punto de inflexión o ano 2007, cando un total de 32 municipios da área tiveron «un crecemento positivo» superando, 4 deles, os 100 migrantes.

Desde a OIM entenden esta realidade como unha segunda oportunidade para zonas moi deprimidas poblacionalmente falando e destacan que moitas destas chegadas vincúlanse coa situación que atravesa Venezuela. Tanto é así que o informe asegura que «a chegada recente de habitantes venezolanos (moitos deles de nacionalidade española) permitiu salvar o peche dalgúns colexios da zona». Como reto para fixar aos novos veciños e animar a futuros traslados, desde a organización apuntan a unha mellora das comunicacións — especialmente no tocante ao transporte público — e a unha rexeneración do tecido económico que debe buscar alternativas ao sector agrícola tradicional. Sobre este punto, a OIM tamén determina que as persoas migrantes «están a ocupar nichos laborais non cubertos por poboación local».

A convivencia preocupa

Os redactores do informe tamén resaltan, como punto a ter en conta, a acollida e integración do inmigrante. «Enténdese que a inmigración pode contribuír á creación de novos núcleos familiares (como sucedeu coa recente chegada da emigración venezolana) pero existe preocupación sobre a convivencia», alertan. Por iso é polo que os expertos neste tipo de fluxos aconsellen que estes territorios se doten de «espazos de interacción e encontro» que favorezan o intercambio veciñal e, ao cabo, axuden a afianzar poboación. Trátase, insiste o documento, da saída máis plausible a unha crise demográfica que ameaza seriamente a substitución xeracional  no corazón de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas