(21/11/2018)
O Ateneo aborda o drama dos menores inmigrantes
Ana Miranda, Xavier Ron e José Palazón relatarán as súas experiencias
La Voz de Galicia
Ferrol / a voz 21/11/2018
O Ateneo Ferrolán acolle o vindeiro venres (17.00 horas) unhas xornadas sobre o drama dos menores inmigrantes. Baixo o título Nenas, nenos e adolescentes nas fronteiras de Europa, tres activistas mostrarán a realidade que se vive en moitos lugares.
Ana Miranda, Xavier Ron e José Palazón relatarán as súas experiencias. Miranda é deputada nacionalista e foi observadora no barco Open arms; Ron pertence a EU e ao Foro Galego de Inmigración, mentres que Palazón preside a entidade Prodein que defende os dereitos da infancia no sur de España.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas