GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda clausura a súa viaxe a Cuba cun encontro coas e cos coordinadores das distintas provincias coincidindo coa entrega de axudas a máis de 7.000 familias galegas da illa

(05/11/2018)

Miranda clausura a súa viaxe a Cuba cun encontro coas e cos coordinadores das distintas provincias coincidindo coa entrega de axudas a máis de 7.000 familias galegas da illa

 

O secretario xeral da Emigración salientou o labor fundamental que realizan estes colaboradores e colaboradoras para que a Xunta poida chegar a todos os recunchos do país centroamericano.

 

Na imaxe, o secretario xeral da Emigración na reunión coas e cos colaboradores nas distintas provincias de Cuba

Na imaxe, o secretario xeral da Emigración na reunión coas e cos colaboradores nas distintas provincias de Cuba

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2018.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou a súa viaxe a Cuba cun encontro cos coordinadores e coordinadoras das distintas provincias, a quen describiu como “pezas fundamentais” do labor que está a levar a cabo desde hai décadas o Goberno galego no país centroamericano. A colaboración na distribución das axudas económicas individuais que outorga o departamento autonómico permite cada ano a máis de 7.000 familias galegas residentes na illa paliar as súas necesidades máis urxentes.

 

O responsable de Emigración da Xunta de Galicia non quixo deixar pasar a ocasión de transmitir os seus parabéns a todas e todos os colaboradores repartidos polas distintas zonas xeográficas do país polo seu traballo. Máis de dúas terceiras partes das axudas individuais que cada ano se conceden a cidadás e cidadáns galegos sen recursos de Cuba seguindo os criterios estipulados nas bases da orde autonómica residen fóra da capital, o que dificulta a súa entrega.

 

Xestionar a distribución

 

Precisamente para realizar estes labores desprazáronse ata o país centroamericano traballadores da Secretaría Xeral da Emigración. Alí encárganse de xestionar directamente o proceso de distribución das axudas ás familias galegas beneficiarias e de controlar que o procedemento se realice de acordo ás bases.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2018
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas