GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

FAGRA colaborará nun proxecto de posta en valor da obra de Luís Seoane en Buenos Aires

(16/10/2018)

FAGRA colaborará nun proxecto de posta en valor da obra de Luís Seoane en Buenos Aires



Encuentro entre autoridades de la Federación de Asociaciones Gallegas y el MEGA con el equipo de la diputada María Rosa Muiños.

Encontro entre autoridades da Federación de Asociacións Galegas e o MEGA co equipo da deputada María Rosa Muiños.



A Rexión Internacional 15/10/2018


A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, (FAGRA), colabora coa deputada da Cidade Autónoma de Buenos Aires, María Rosa Muiños (Bloque peronista), e o seu equipo na preparación dun Proxecto de Lei que pretende incorporar como bens do patrimonio cultural porteño 34 novas obras públicas e privadas do debuxante, pintor, gravador e escritor arxentino-galego, Luís Seoane (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979). Esta medida permitirá que o Goberno local implemente os medios necesarios para garantir a “restauración, conservación e posta en valor” das creacións do artista, como xa ocorreu en 2009 e 2016 con outras 24 obras.

Recentemente, unha integrante do equipo da deputada Muiños, Cristina Canellada, mantivo un encontro co presidente da Federación, Diego Martínez Duro, a titular do Museo da Emigración Galega en Arxentina Francisco ‘Paco’ Lores, Hebe Mabel Otero, e outros integrantes da casa, para repasar os murais e pinturas catalogadas ata o momento e incluír outros orixinais menos coñecidos de Seoane dos que ten constancia a FAGRA.

A proposta será presentada proximamente na Lexislatura porteña.

O artista Luís Seoane

Luís Seoane naceu en 1910 nun fogar de emigrantes galegos en Buenos Aires. Na metade da súa infancia, con 6 anos, viaxou a Galicia (España) cos seus pais. Foi en Santiago de Compostela onde se coñeceron os seus primeiros pasos como artista e expuxo por primeira vez. Alí tamén militou en partidos da esquerda republicana e autonomista. Como integrante do Partido Galeguista participou na campaña do Estatuto de Autonomía. A partir de 1930, a situación española tórnase cada vez mais crítica e o estalido da guerra civil obrígao en1936 a abandonar territorio galego para recalar en Buenos Aires, onde desenvolveu unha vasta obra como gravador, pintor, deseñador gráfico, ilustrador, xestor cultural, ensaísta, poeta, dramaturgo, editor de libros e de revistas. As súas creacións vincúlanse fortemente coas súas circunstancias sociopolíticas: a emigración, o exilio, a conformación de redes intelectuais e a trama antifascista, que tivo en Seoane un claro protagonista. Tanto en Galicia como en Arxentina desenvolveu un programa no que o acceso amplo á arte e a cultura constituíu un dos seus principais obxectivos. Obra gráfica, publicacións e murais foron para el soportes privilexiados a través dos cales apuntou a transcender as fronteiras da elite coleccionista.

Entre os premios que recibiu ao longo da súa carreira atópanse a medalla do Senado da Nación e da Exposición Universal de Bruxelas (1958), así como o premio “Palanza” da Academia Nacional de Artes (1962).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas