GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social alcanza 1.987.207 ocupados en agosto

(19/09/2018)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social alcanza 1.987.207 ocupados en agosto

 

foto ilustrativa



O crecemento interanual ascende ao 7,51%, 138.879 ocupados, as cifras máis altas neste mes desde 2007

Entre xullo e agosto, a cifra media de afiliados descende en 32.222 traballadores

Os colectivos máis numerosos de traballadores foráneos proceden de Romanía (332.548), Marrocos (231.066), Italia (117.345) e China (103.660)

A cifra media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social alcanzou en agosto alcanzou 1.987.207. Neste mes a ocupación decreceu un 1,64%, o que supón 33.222 traballadores menos. Respecto ao ano pasado, o número de afiliados estranxeiros aumenta un 7,51%, 138.879 persoas ocupadas máis que en 2017, a cifra máis alta desde 2007.

Do total de traballadores doutros países que cotizan ao noso Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Rumania (332.548), Marrocos (231.066), Italia (117.345), China (103.660) e Ecuador (74.738). Séguenlles os que proveñen de Colombia (66.002), Reino Unido (63.108), Bulgaria (59.507), Portugal (52.054) e Bolivia (51.646).

Comunidades Autónomas

En termos mensuais, a afiliación de traballadores estranxeiros aumenta en Cantabria (1,11%), Asturias (1,04%), Navarra (1,04%), Canarias (0,78%) e Galicia (0,68%). Resta traballadores nas demais, particularmente na Región de Murcia (-7,75%) Castela-A Mancha (-7,54%), Estremadura (-5,79%) e Aragón (-5,16%).

No balance xeral de agosto, do total de traballadores de orixe foránea, 1.167.711 proceden de países de fóra da UE e o resto (819.496) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos ocupados estranxeiros está encadrado no Réxime Xeral: 1.658.596 (concretamente este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 186.469 ocupados, e o de Fogar, con 176.498); séguelle o de Autónomos, con 323.507 persoas; o Réxime Especial do Mar, 5.014 e o Carbón, 91.

Da cifra total de ocupados estranxeiros en agosto, 1.105.653 son homes e 881.554 son mulleres. Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas