GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín. Vilatuxe acollerá o próximo día 19 a Romaría das Persoas Maiores e Emigrantes

(13/08/2018)

Vilatuxe acollerá o próximo día 19 a Romaría das Persoas Maiores e Emigrantes

 


13/08/2018


A clásica edición da Romaría das Persoas Maiores e Emigrantes cumpre a súa vixésimo sexta edición. Este ano, o evento organizado polo Concello de Lalín terá lugar no campo da festa da parroquia de Vilatuxe, segundo anunciou o concelleiro de Rural, Miguel Medela, e celebrarase o domingo día 19.

A cita festiva comezará ás 13.00 horas cun concerto da Banda de Vilatuxe. Seguidamente terá lugar a comida no propio campo da festa e a partir das 16.30 horas, haberá a tradicional homenaxe á muller e ao home máis lonxevo, os veciños que conten con máis anos de emigración e ao matrimonio máis avenido no tempo do municipio. Desde as 17.00 horas o festexo estará amenizado cunha actuación da Orquestra Foliada. Previamente ás 11.45 horas oficiarase a misa dominical na igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe.

O ano pasado o municipio reuniu a máis de 600 participantes na cita, que naquela ocasión celebrouse en O Corpiño. Unha cifra que se foi incrementando co paso das edicións, pois no 2014 os participantes chegaron ata unha cifra próxima aos 450 na carballeira de As Casianas por segundo ano consecutivo.

Retirada de cartóns

Á cita poderán acudir aqueles que retiren o pase que se expedirá na recepción do consistorio, en horario de 9 a 15 horas de luns a venres. O último día para recoller a credencial será o día 17. O prezo será de 10 euros. En caso de non obtelas con anterioridade, o prezo elevarase ata os 15 euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas