GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A gala de clausura de “Escolas Abertas” converte Ourense na capital da cultura galega máis internacional

(24/07/2018)

A gala de clausura de “Escolas Abertas” converte Ourense na capital da cultura galega máis internacional

 

O secretario xeral da Emigración asistiu, acompañado pola delegada territorial da Xunta e o alcalde de Ourense, ao acto que pon fin a dúas semanas dun intenso programa lectivo

 

Os 70 formadores de centros galegos do exterior amosaron o aprendido nesta nova edición do programa da Xunta de Galicia para actualizar os seus coñecementos en varias disciplinas

 

A céntrica praza de San Martiño acolleu un acto coa pegada da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza, países de procedencia dos participantes

 

  • Foto grupo clausura Escolas Abertas
    Foto grupo clausura Escolas Abertas
  • Foto grupo baile gala clausura Escolas Abertas 2018
    Foto grupo baile gala clausura Escolas Abertas 2018

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

 

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018.

 

A zona monumental de Ourense converteuse esta tarde na capital da cultura galega máis internacional grazas á celebración da gala de clausura das Escolas Abertas 2018, un  acto que cada ano pon en valor a importancia que a cultura galega segue a ter entre o máis de medio millón de galegos que residen fóra das nosas fronteiras. Setenta formadores de disciplinas relacionadas coa identidade galega, como son a gaita tradicional galega, o baile tradicional galego, a percusión tradicional galega, o canto popular e a pandeireta, e a confección de traxe tradicional galego “tomaron” a céntrica praza de San Martiño para exhibir parte dos coñecementos que adquiriron durante as últimas dúas semanas grazas o intenso programa lectivo desta proposta.

 

A iniciativa, promovida e organizada pola Secretaría Xeral da Emigración, pretende axudar aos docentes de entidades galegas do exterior actualizar tanto os seu coñecementos técnicos nestas materias como os relacionados coas metodoloxías máis axeitadas para a súa ensinanza. O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a gala acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde, Xesús Vázquez Abad. 

 

Unha oportunidade de achegarse á realidade de Galicia

 

Miranda amosouse “orgulloso do traballo realizado tanto polos alumnos formadores como polos seus profesores durante estas dúas semanas, que grazas á súa ilusión, o seu coñecemento e as súas aportacións axudan a enriquecer, non só a cultura galega, senón a Galicia enteira”. O responsable autonómico invitou a todos os participantes neste programa do Goberno galego a “facer partícipes aos seus alumnos de todo o aprendido nestes días, tanto dentro como fóra das aulas, xa que Escolas Abertas non pretende só reforzar as súas técnicas nas diversas disciplinas, senón tamén ofrecer a todos aqueles que namoraron da cultura galega a oportunidade de achegarse a ela e gozala desde o seu interior”.

 

Os setenta alumnos puxeron así fin á súa estadía na comunidade galega. O acto de entrega de diplomas que terá lugar mañá á mañá no Centro Residencial Docente de Ourense, que os acubillou estas dúas semanas, servirá de broche a esta nova edición de Escolas Abertas, que reuniu na capital ourensá formadores procedentes da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas