GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Redondela elixe a emigración para lembrar a Rosalía 133 anos tras a súa morte

(17/07/2018)

Redondela elixe a emigración para lembrar a Rosalía 133 anos tras a súa morte


En el acto inaugural estuvieron presentes, además del escultor, el secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, y el diputado autonómico Alberto Pazos

No acto inaugural estiveron presentes, ademais do escultor, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o deputado autonómico Alberto Pazos



A REXIÓN INTERNACIONAL 17/07/2018

 

O municipio pontevedrés de Redondela elixiu a emigración para lembrar a Rosalía de Castro cando se cumpren 133 anos da súa morte.

Na Alameda de Rosalía de Castro, en Chapela, instalouse unha estatua da autora cun libro na man esquerda e unha pluma na dereita.

A obras do escultor ourensán Toni Ferrer atópase preto do parque infantil mirando ao mar, xa que tal e como lembrou no acto institucional a concelleira de Cultura, Teresa París, "un dos seus últimos desexos antes de morrer foi que abrisen unha xanela para ver o mar". Con esta inauguración a imaxe da autora de "Cantares Gallegos" quedará "unida a Chapela" comentou o alcalde Javier Bas na súa intervención.

O obxectivo será crear toda unha seria de actividades e intervencións que acheguen Rosalía aos veciños da parroquia. Algunhas destas iniciativas estarán destinadas aos escolares con charlas nos colexios. Ademais, tamén se colocarán placas con versos da poetisa en diferentes enclaves.

No acto inaugural tamén estiveron presentes, ademais do escultor, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o deputado autonómico Alberto Pazos. En febreiro o pleno municipal aprobou pasar a denominar a Alameda de Chapela como de Rosalía de Castro a proposta do Servizo de Normalización Lingüística.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas