GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os centros de recreo e escolas da emigración, un patrimonio único que segue vivo nas Mariñas

(16/07/2018)

Os centros de recreo e escolas da emigración, un patrimonio único que segue vivo nas Mariñas

“A escola é a que realizará a ansiada transformación da nosa patria: Galicia”. Este era un dos argumentos esgrimidos pola emigración para impulsar a construción de centros de instrución e recreo.


O Ideal Galego. Lucía Tenreiro. A Coruña

15 de Xullo de 2018





“A escola é a que realizará a ansiada transformación da nosa patria: Galicia”. Este era un dos argumentos esgrimidos pola emigración para impulsar a construción de centros de instrución e recreo que, cen anos despois, seguen achegando coñecemento á cidadanía das Mariñas. 

 

Durante os primeiros decenios do século pasado, dos portos de Vigo e A Coruña saíron centos de miles de persoas rumbo a América. En Buenos Aires, Nova York ou na Habana atoparon, ademais de prosperidade, ideais de progreso que pronto empezarían a aplicar eles mesmos nos seus municipios de orixe, ben a título persoal, como Juan María e Jesús García Naveira ou Manuel Naveira González e a súa esposa Matilde Golpe en Betanzos, ou ben como colectivos, a través de sociedades como as de Sada e Bergondo e os seus Contornos en Nova York. Porque garantir o porvir dos seus descendentes convértese nunha obsesión para os emigrantes, que acaban converténdose nun dos alicerces da modernización social e económica de Galicia.

Cultura

O papel da emigración transoceánica nos procesos de alfabetización e actualización do país cobra especial relevancia en Betanzos, onde o esforzo dos Irmáns García Naveira, a través de actuacións individuais ou compartidas (incluirían un padroado benéfico-docente, unha residencia de anciáns, un fogar para nenas discapacitadas e un grupo escolar de titularidade municipal, ademais do Parque O Pasatempo, cun propósito didáctico) permitiron á capital betanceira situarse nunha posición destacada entre as cidades con índices culturais máis elevados, segundo un estudo realizado hai uns anos pola Unión Europea.

 

Emigrantes en Arxentina, entre os últimos anos do XIX e os primeiros do XX, envorcaron a súa capacidade económica na súa cidade onde, ademais de escola e asistencia, achegaron emprego, escaso entón en Galicia. Acusados de poñerse ao servizo das clases máis humildes, en aberta contradición das elites máis conservadoras, promoveron cultura, educación e valores ao seu municipio e nas Mariñas Betanceiras.

 

Na actualidade, son motivo de orgullo para a súa cidade, á que “vixían” desde o seu pedestal do antigo “Campo da Feira”, agora praza dos Irmáns García Naveira.

Valores

Desde Nova York, sadenses e bergondeses enviaron os recursos necesarios para levantar senllos centros que, a pesar do tempo transcorrido, seguen sendo paradigma de éxito e de constancia: o Sada e os seus Contornos e A Senra. Este último non sen padecimiento pois, tras sesenta e catro anos de opacidade, trinta de pugna e seis de recuperación, o 28 de abril de 2007, o centro inaugurado o 12 de xullo de 1936 e incautado meses despois polos golpistas, renovou a actividade cultural e educativa para que a que fora construído grazas ás achegas de decenas de cidadáns que, instalándose en Nova York, nunca esqueceron Bergondo. Cincuenta dólares por socio, os equivalentes ao salario dun mes en plena crise económica, en vésperas do “ Crack do 29”.

 

A historia do actual CEIP de Sada e os seus Contornos escríbese en termos similares, aínda que no seu caso, a pesar de aciagos episodios como unha queima de libros, un intento de venda ou o seu uso como acuartelamento militar durante as estancias de Franco en Meirás, non houbo que esperar tanto para ver consumada A Transición.

 

En municipios como Coirós creáronse ata tres escolas, e en Bergondo, ademais da da Senra, abriron outra en Lubre. A Unión de Residentes do Concello de Curtis en Buenos Aires promoveu a Escola de Teixeiro. l

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas