GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Só as migracións poden salvar á Unión Europea do declive poboacional

(11/07/2018)

Só as migracións poden salvar á Unión Europea do declive poboacional

 

A UE enfróntase ao reto demográfico sen unha política migratoria común // España está entre os países de menor taxa de natalidade do mundo: 1,3 fillos por muller // Galicia presenta unha taxa aínda máis baixa que as do conxunto de España: 1,13 fillos



Foto de archivo, fechada en MOTRIL (GRANADA), 09/07/2018.- Trasladado a un pabellón deportivo de Motril de 116 inmigrantes que fueron rescatados por Salvamento Marítimo - FOTO: EFE/Pedro Feixas
Foto de arquivo, datada en MOTRIL (GRANADA), 09/07/2018.- Trasladado a un pavillón deportivo de Motril de 116 inmigrantes que foron rescatados por Salvamento Marítimo - FOTO: EFE/Pedro Feixas



El Correo Gallego

SANTIAGO | 10.07.2018



Na lenta e imparable crise demográfica que vive o vello continente probáronse todo tipo de receitas para impulsar a natalidade, na maioría dos casos estas foron de carácter económico. Medidas fiscais, flexibilidade laboral, melloras en materia de conciliación, desgravacións en materia de tributos, etc. Nalgúns países da UE os resultados foron mellores que noutros pero o problema segue presente e é xa unha ameaza para manter o sistema de benestar instaurado desde a pos guerra. Expertos de Colmeiro analizan a situación e advirten da necesidade de ter presente o factor da inmigración como peza crave para atopar unha solución a longo prazo.

O presidente do Grupo Colmeiro, Luís Carames, considera que enfrontarse ao problema demográfico “implica un cambio cultural, ao que se deben incorporar múltiples ámbitos, que non se restrinxen só as pensións”. O catedrático de Economía Aplicada da USC considera que “Galicia debe implementar medidas semellantes a outras que xa deron resultados en Europa, atraer a xeracións novas procedentes da emigración e coordinar políticas demográficas coas que incumben ao medio rural”. A politóloga María de los Angeles Fernández Ramil, membro de Colmeiro afirma que “Galicia está entre as tres rexións máis envellecidas do Estado, encadeamos 29 anos con máis defuncións que nacementos.” Segundo a polítóloga, a crise financeira primeiro e a territorial despois diferiron un tratamento serio do asunto. Fernandez Ramil ve na inmigración unha vía de solución. “Coa crise fóronse de España preto dun millón de inmigrantes entre 2010 e 2015, en Galicia necesitaríanse 20.000 inmigrantes ao ano ata 2020 para paliar a crise”.

 

A analista de Colmeiro asegura que Galicia conta con medio millón de galegos que viven fóra e que constitúen “un grupo en ascenso mentres languidecemos dentro”. Con todo considera “ voluntarista” o Plan Retorna 2020” que pretende repatriar a 22.000 emigrantes e descendentes. Fernández Ramil considera que administracións con distintos niveis de competencias e duplicidades “non son precisamente aliadas destas políticas que requiren enfoques sistémicos e coordinados”.

A experta en demografía, a catedrática italiana Elena Ambrosetti, integrante internacional do Grupo Colmeiro, matiza : “Tendo en conta todos os estados membros a poboación da UE está en aumento: pasou de 406,7 millóns en 1960 a 511,8 millóns en 2017. Non obastante a poboación de 10 Estados da UE diminuíu” Segundo a catedrática italiana “o aumento da poboación na UE débese ao saldo migratorio positivo, que representa o factor determinante do crecemento da poboación do vello continente desde 1992”. Europa é hoxe o continente que acolle un maior número de emigrantes a nivel mundial seguido de Asia e América do norte. A situación demográfica na UE é diversa.

En España, como en Alemaña, Polonia e Finlandia a poboación só aumenta grazas ao saldo migratorio positivo, indica a profesora italiana. España padece un declive demográfico desde o 2015 segundo os datos do INE, momento no que se rexistrou un saldo natural negativo consecuencia do maior número de mortes que de nacementos. Galicia, confirma Ambrosetti “está nunha situación aínda peor que a media do país”. Os maiores de 65 anos representan xa case o 25% da poboación total. O saldo migratorio interno (doutras comunidades autónomas) é negativo e en canto ás migracións internacionais, que tiveron un impacto positivo no pasado, hoxe non permiten contrarestar o peso negativo do saldo natural. Elena Ambrosetti non é optimista: “O número de falecementos aumentará coa chegada á vellez da xeración baby-boom, se a taxa de fecundidade mantense o saldo natural seguirá sendo negativo. “Nese caso o crecemento da poboación da UE dependerá da contribución das migracións”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas