GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Láncara, referente da emigración a Cuba

(06/07/2018)

Láncara, referente da emigración a Cuba



          Foi necesario ano e medio de negociacións para conseguir o edificio



.

 

 


lugo / la voz 05/07/2018




Láncara terá o primeiro centro de Interpretación da Emigración de Galicia, con sede na casa de Armea (Láncara) da que partiu Anxo Castro Argiz, pai de Fidel e de Ramón Castro, líderes históricos da revolución cubana, en busca dunha vida mellor. De poñer en marcha o centro de interpretación encargaranse a Deputación, o Concello de Láncara, a CEL, a Asociación da Amizade e Solidariedade, á que recentemente a familia Castro cedeulle a casa, na que entra auga polo tellado e está en pleno proceso de deterioración. A esta situación chegouse despois de 25 anos tentando que os Castro transferisen a propiedade do inmoble ao Concello de Láncara.

O vicepresidente da asociación, Antonio Sobrado, empresario de Láncara, que foi unha das partes máis activas na negociación coa familia Castro, recoñece que, unha vez que conseguiron saber as intencións dos herdeiros de Anxo Castro Argiz, que pasaban por deixar a propiedade en mans dunha organización sen vinculación política, todo foi moito máis fácil. A pesar diso, as conversacións que derivaron na firma da cesión nunha notaría de Sarria, na que participou María Teresa López, filla de Ronsel López, prima irmá dos irmáns Castro, prolongáronse durante máis de ano e medio e supuxeron varias viaxes á illa caribeña para localizar aos herdeiros e iniciar as conversacións.

Primeiro contacto, unha filla de Raúl

Sobrado recoñeceu que o primeiro contacto coa familia propietaria foi en Cuba, con Mariela Castro, filla de Raúl, á que conseguiron localizar grazas aos contactos empresariais que mantiñan na illa. Mariela traspasou o peso da negociación a María Teresa López, que foi a que asinou a cesión.

«As negociacións ata ese momento coa familia Castro -sinalou o empresario- sempre foron baixo un enfoque erróneo, a doazón da casa ao Concello de Láncara porque os propietarios querían que pasase a mans dunha asociación que non pertencese a ningún partido político e sen ánimo de lucro, para evitar posibles problemas derivados de cambios nos gobernos».

«O que realmente pretendían eles -sinalou Antonio Sobrado- era desviar a atención e o protagonismo á emigración galega a América». A asociación á que cederon a casa construída no século XIX, a máis pobre da aldea, segundo puido comprobar Fidel Castro na visita que realizou a Armea en xullo do ano 1992, acompañado de Manuel Fraga.

Cesión reversible

A cesión que pode reverterse se non se cumpren as condicións estipuladas pola familia, entre elas manter a antiga vivenda en condicións similares ás que obrigaron a emigrar a Anxo Castro a Cuba como soldado. O centro de interpretación, segundo Sobrado, construirano nun solar anexo.

«Eles -apuntou o empresario- axudarán a que sexa un museo importante en Galicia e un punto de interese turístico». O acordo supón que o historiador cubano Eusebio Leal colaborará directamente cun colega galego para definir o museo e o seu contido.

«Imaxino -sinalou Sobrado- que haberá doazóns. Para a restauración pedimos axuda ás institucións, como a Deputación, que xa nos dixo que si, e contamos co apoio de restauradores e arquitectos, que nos comunicaron que colaborarán de forma desinteresada co proxecto. Empezamos co notario -engadiu- que non nos quixo cobrar a escritura».

Visita á casa

Despois da firma da cesión, María Teresa López visitou a casa dos seus devanceiros acompañada do presidente da Deputación, Darío Campos; do alcalde de Láncara, Darío Piñeiro; do secretario da CEL, Jaime López e do presidente e do vicepresidente da Asociación da Amizade e Solidariedade, Carlos Sierra e Antonio Sobrado, entre outros.

«A familia quería deixar a casa en mans dunha asociación allea á política»

«Os Castro axudarán a que sexa un museo moi importante para Galicia»

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas