GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia ofrécese para acoller xa a un mínimo de 1.198 refuxiados

(17/09/2015)

Galicia ofrécese para acoller xa a un mínimo de 1.198 refuxiados

 

A Xunta recompila datos concretos sobre a axuda que brindan os galegos

 

Redacción / a voz, 17 de setembro de 2015.

 

 

 

Constatado o interese da sociedade civil galega en paliar o drama dos refuxiados, a Galicia institucional reacciona. Esta semana, o conxunto das Administracións públicas da comunidade ofreceranse formalmente ao Goberno central para acoller desde agora a un mínimo de 1.198 persoas fuxidas das guerras nos seus países de orixe. Trátase dunha cantidade equivalente ao 8 % da cota de cidadáns cuxa protección, en principio, a Comisión Europea encomendará a España (14.931). É dicir, un esforzo moi superior ao que, por poboación (5,9 % do total), correspondería asumir á suma das catro provincias.

Elaborado polo Executivo Feijoo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), na listaxe de recursos para brindar acubillo a refuxiados figuran os da propia Xunta, con 300 prazas; os da Deputación da Coruña, con 150; os da de Lugo, con 30; e, con 718, os de 39 concellos: 13 coruñeses, 10 lucenses, outros tantos ourensáns e 6 pontevedreses. Entre os concellos, as maiores achegas á causa realízanas os da Coruña (150), Narón (67), Lalín (46) e Riós (40).

Na relación de municipios solidarios, en cambio, non aparecen varios cuxos alcaldes si se comprometeron a dar asilo a sirios, pero aínda non concretaron a cantos nin onde; entre eles, os de Santiago, Ferrol e Vigo. Tampouco se inclúen de momento, aínda que o farán en breve, as instalacións de oenegués adheridas ao plan galego para a xestión desta crise. Por exemplo, só na a área de Compostela, Cáritas facilitará 128 camas.

Namentres, a Xunta comezou a recompilar datos sobre a axuda que os galegos, a modo particular, están dispostos a ofrecer ao pobo sirio. As persoas que mostraron o seu interese de cooperar no correo aberto pola Consellería de Traballo e Benestar recibiron durante os últimos días un correo no que, ademais do seu agradecemento, a Xunta pídelles que concreten o tipo de axuda que ofrecen. Deste xeito prevén facer unha base de datos para ver exactamente con que medios contan no momento no que os refuxiados empecen a chegar a Galicia.

Voluntarios recollerán doazóns de roupa e alimentos a próxima semana

As plataformas cidadás postas en marcha en Galicia a través de Facebook continúan acumulando consultas. Refuxiados Sirios en Galicia, por exemplo, adiantou onte que probablemente a semana que vén empezarán xa cunha campaña de recollida de doazóns nas áreas de Vigo e Pontevedra, onde viven os administradores da comunidade. Poderá achegarse desde roupa a alimentos ou calquera outra cousa que poidan ser útil para os refuxiados que vaian entrando en Galicia. Ademais adiantaron que entraron en contacto con outras plataformas de voluntarios para coordinar o modo de actuar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas