GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cangas. O Concello traslada á Fegamp a súa primeira lista con axuda para acoller refuxiados

(16/09/2015)

O Concello traslada á Fegamp a súa primeira lista con axuda para acoller refuxiados

 

O concelleiro de Servizos Sociais reuniuse con diferentes agrupacións humanitarias do municipio -Inclúe unha vivenda, algunha casa compartida e familias para recibir a menores

 

16.09.2015 |

 

El concejal Tomás Hermelo, al frente, en la reunión con las organizaciones. // G.N.

O concelleiro Tomás Hermelo, á fronte, na reunión coas organizacións. // G.N.

 

 

 

 

O Concello de Cangas remitirá hoxe á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) a primeira listaxe coa axuda que se pode ofrecer desde este concello e a cooperación veciñal aos refuxiados sirios. Nesa lista figura unha ducia de persoas que ofrecen desde un piso, a algunha casa compartida e acollemento de familias para menores. Así llo comunicou o concelleiro de Servizos Sociais, Tomás Hermelo, e representantes deste departamento, ás organizacións da caridade de Cangas, nunha reunión na que estuvierono Vida Digna, Cáritas e o Comedor Sociaol ademásd e a Plataforma Sos Sanidade. Desde o Concello explicaron os pasos que se deron para confeccionar esta lista, que a información se obtivo a través de fichas que están a disposición da cidadanía en Servizos Sociais, entre as que se atopa o préstamo de vivendas, de material ou de axuda lingüística e de integración. Desta maneira Cangas únese á listaxe de cidades refuxio que se está organizando en todo o Estado. Esta listaxe continuará a disposición dos cidadáns para seguir recadando información sobre as posibilidades reais de acollemento a refuxiados neste municipio.

 

As asociacións da caridade tamén axudarán de diferentes maneiras. Cáritas porá a disposción a listaxe de cooperación que teñen aberto, o cal se porá en común co elaborado por Servizos Sociais. O comedor social ofrecerá os seus servizos de comida, de igual maneira que fai día a día coas persoas que o necesitan. E dese Vida Digna pon a disposición material doméstico para habilitar unha vivenda e roupa.

 

Todos os colectivos, segundo sinalan desde o Concello, destacan a necesidade de crear un plan de traballo conxunto entre institucións, colectivos sociais e veciños para unha integración eficaz. De igual maneira, instan as autoridades estatais a axilizar o traslado dos refuxiados aos lugares de acollida, e incrementar as axudas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas