GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Familias de Lalín súmanse ao Concello para acoller refuxiados

(04/09/2015)

Familias de Lalín súmanse ao Concello para acoller refuxiados

 

O goberno local creará un rexistro e supervisou as instalacións ofrecidas a Asuntos Exteriores para atender aafectados por conflitos bélicos

 

 lalín / La Voz, de setembro de 2015.

 

A carta remitida polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, ao ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación para pór á súa disposición instalacións municipais onde a acoller a refuxiados na actual crise humanitaria que se vive en Europa xerou unha fervenza de reaccións. E en múltiples ámbitos. Desde o impacto mediático, con protagonismo para a iniciativa lalinense en medios de comunicación non só a nivel autonómico senón tamén nacional, desde diarios a radios e televisións, ao político con outros concellos dispostos a copiar a iniciativa.

 

Pero sen dúbida a reacción máis encomiable xurdía no propio Lalín. Como destacaba o rexedor, a central telefónica do consistorio fervía a pasada xornada con chamadas de familias e veciños dispostos a acoller nos seus domicilios a persoas afectadas polos conflitos bélicos e que buscan unha saída en territorio europeo. Un éxodo obrigado para milleiros de refuxiados en busca dun futuro lonxe da guerra, que buscan pór a salvo as súas vidas, en especial procedentes de Siria.

 

Rafael Cuíña mostrábase emocionado con esa resposta veciñal. Recoñecía a especial sensibilidade que se vive ante esta crise humanitaria, con persoas falecidas nese intento de alcanzar a súa meta. A pesar diso superou con fartura a reacción dos lalinenses a propia estimación do rexedor. Co fin de canalizar esa solidariedade prevese crear un rexistro de peticións para acoller a refuxiados, co fin de avaliar a viabilidade de que esas familias poidan participar no hipotético caso de que cheguen refuxiados a Lalín.

 

O alcalde congratulouse desa reacción dos seus paisanos. Ademais, encargouse de supervisar xunto ao concelleiro Miguel Medela a situación tanto do albergue xuvenil de Mouriscade como do vello pavillón municipal, as dúas instalacións onde se daría acubillo aos refuxiados en caso de atender o Goberno central a oferta do Concello. Pero Rafael Cuíña tamén quixo matizar onte que se trata dunha medida «para atender con urxencia a actual crise humanitaria, para uns meses xa que esas persoas deben ter unhas condicións máis dignas de vida e existen outras organizacións a nivel supramunicipal indicadas para darlles unha solución a longo prazo».

 

Cuíña Aparicio incidiu na existencia de liñas de axudas a nivel europeo, ademais das propias decisións no seo da UE ou de España, que deben conseguir canto antes dar unha resposta a esta crise humanitaria.

 

 

Podemos Lalín únese

 

 

Pola súa banda, desde a formación Podemos Lalín mostrouse onte o seu apoio a «tódalas iniciativas que dende ou Concello, as forzas políticas, así coma a sociedade civil poidan tomar en prol de mellorar a situación de emerxencia». O seu secretario xeral, Alberto García, pedía ademais ao goberno lalinense que explicase publicamente a forma en que «pode implicarse a sociedade» en apoiar aos refuxiados e onde se poden apuntar todos os interesados para «facer efectiva esa solidariedade».

 

«A nosa oferta é para atender con urxencia a actual crise humanitaria dos refuxiados»

 

Alcalde de Lalín

 

Unha iniciativa que «copian» outras cidades e incluso a Xunta

 

Rafael Cuíña negaba onte buscar protagonismo persoal ou política coa iniciativa. Sen dúbida conseguiuno, pero insistiu na mera intención de achegar desde unha institución pública ante unha situación límite para milleiros de persoas. Si se congratulou de que a súa proposta ao Goberno central atopase rápido eco noutras cidades, como Santiago e A Coruña, tamén dispostas a acoller a refuxiados e incluso a propia Xunta de Galicia.

 

O seu propio partido, Compromiso por Galicia (CxG), tamén se suma e proporá nos concellos onde ten representación a posibilidade de adoptar algunha medida similar á lalinense. Encantado mostrouse Rafael Cuíña con esa decisión, como con calquera outra xerada por mor da súa carta a Manuel García-Margallo. Agora queda esperar a resposta do ministro á oferta de instalacións municipais mentres o número de refuxiados crece e crece a diario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas