GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bruxelas pedirá aos países da UE que recoloquen a 160.000 refuxiados

(04/09/2015)

Bruxelas pedirá aos países da UE que recoloquen a 160.000 refuxiados

 

Merkel critica ao dirixente húngaro e nega que a crise sexa «un problema alemán»

 

Bruxelas / Correspondente, 04 de setembro de 2015.

 

 

A Bruselas non chega o mar. No corazón da Unión Europea a plácida diplomacia e a verba burocrática apagan os berros de terror que ensordecen todos os días o Mediterráneo oriental. Cóntanse por milleiros as persoas que morreron nas súas augas nestes oito meses do 2015. Oito longos meses sen unha solución europea á peor crise migratoria que vive o continente desde a Segunda Guerra Mundial. 

 

E velaquí que a UE se estremece dun día para outra coa imaxe de Aylan Kurdin, o pequeno sirio cuxo corpo sen vida apareceu tendido nunha praia turca. A súa instantánea prendeu a mecha da indignación pública e os líderes han ter que saír ao paso. O primeiro en reaccionar foi o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker. O seu equipo traballa nunha nova proposta para obrigar aos países membro a acoller e recolocar, baseándose en cotas vinculantes, a 160.000 refuxiados que hoxe recalan en Grecia, Italia e Hungría. Catro veces máis do suxerido o pasado maio: «Os 40.000 só eran un punto de partida», xustificou onte a portavoz comunitaria, Natasha Bertaud. O sistema de repartición volveríase activar de forma automática cando a presión migratoria desbordase a un país da Unión. Está por ver si os Estados admiten a iniciativa ou a volven a descafeinar. O presidente do Consello, Donald Tusk, rebaixou onte a cifra a 100.000 en total.

 

Reacción á imaxe

 

Os últimos acontecementos e a presión cidadá parecen ter vencido a férrea negativa dalgúns líderes a admitir refuxiados no seu territorio: «Cumpriremos coas nosas obrigacións morais», asegurou onte o primeiro ministro británico, David Cameron.  O líder italiano, Matteo Renzi, pediu feitos: «Europa non debe só conmoverse». Desde Portugal, o Goberno de Passos Coelho mostrouse disposto a aumentar a cota e España deu visos de ceder tras meses boicoteando o sistema de cotas obrigatorias: «Deben chegar ao final do proceso. A miña preocupación é unha política integral e global», matizou onte o ministro de Exteriores, García Margallo. O líder de Podemos, Pablo Iglesias , anunciou que proporán na Eurocámara a derrogación do protocolo de Dublín e suxerirán que embaixadas e consulados poidan xestionar as peticións nos países de orixe para evitar que se poñan máis vidas en perigo.

 

Francia e Alemaña, pola súa banda, acudirán á reunión de ministros do Interior do 14 de setembro cunha «iniciativa común» para organizar a acollida e a repartición «xusta» de refuxiados e para harmonizar as normas do sistema europeo de asilo. 

 

Libre de musulmáns

 

O único corazón que non se estremeceu na UE é o do primeiro ministro húngaro, Víktor Orbán. Durante o seu encontro de onte cos xefes das institucións europeas en Bruxelas non tivo reparos en botar man dos seus habituais recursos populistas e xenófobos para volver rexeitar a acollida de refuxiados: «Todos os países teñen dereito a ter un gran número de musulmáns si queren. Nós non queremos e creo que temos dereito a decidir», apuntou sen inmutarse.

 

«Por favor, non veñan. ¿Por que teñen que vir de Turquía a Europa? Turquía é un país seguro. Quédense alí. Non podemos garantir que sexan aceptados», exclamou en presenza do presidente da Eurocámara, Martin Schulz, antes de asegurar que a crise migratoria «non é un problema europeo, é un problema de Alemaña». Angela Merkel non tardou en responder á vergoñosa intervención de Orban: «Alemaña fai o que é requirido moral e legalmente. Nin máis nin menos», e criticou o trato húngaro aos simpapeles. 

 

Hungría está no punto de mira de Bruxelas por violar de forma sistemática os dereitos dos refuxiados. O propio Tusk tivo que recordar ao líder magiar que a un cristián como el «non debe importarlle a raza, a relixión ou a nacionalidade dunha persoa que necesita protección».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas