GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Rede Española de Inmigración insta a FEMP a estender o plan de acollida de refuxiados ao resto de municipios

(03/09/2015)

A Rede Española de Inmigración insta a FEMP a estender o plan de acollida de refuxiados ao resto de municipios

 

 

 

 

 02.09.15 | EUROPA PRESS | MADRID

 



A Rede Española de Inmigración, plataforma que agrupa a expertos e entidades do ámbito da migración, trasladou á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) unha solicitude formal para que proceda a estender o plan impulsado polos Concellos de Madrid e Barcelona, que destinarán partidas e parte da súa dotación de vivendas para a acollida de refuxiados así como que adoptarán unha posición de apoio á súa integración, segundo informa a plataforma.

 

Neste sentido, a Rede de Inmigración destacou o "amplo valor humanitario e a mensaxe positiva" que esta medida traslada sobre a marca España ao servir de contrapunto "fronte ás institucións que, coa Secretaría Xeral de Inmigración do Goberno de España á cabeza, se negan a apostar por utilizar os fondos comunitarios e as ferramentas das que están dotadas para incrementar de forma notable a acollida de persoas refuxiadas e solicitantes de asilo" en España.

Así mesmo, dende a Rede preténdese que a FEMP traslade a través da súa Comisión responsable das políticas migratorias unha solicitude formal ao resto de institucións locais para que se vertebre un plan coordinado de forma estatal na que todos os territorios poidan incrementar o seu nivel de acollida, xerar redes que soliciten e xestionen os fondos comunitarios actualmente en mans do Ministerio de Emprego e Seguridade Social a través da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración, así como co apoio dos Gobernos autonómicos que teñen competencias exclusivas en materia de política de integración.

Pola súa banda, o voceiro da Rede Española de Inmigración, David Fernández, sinalou que "os municipios son os xestores últimos e primeiros de todas as problemáticas sociais e é lóxico que se asumen este reto tamén conten cunha transferencia de fondos suficiente e que lles corresponde"

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas