GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Médicos Sin Fronteras: «A postura de Europa en inmigración é cínica»

(06/08/2015)

Médicos Sin Fronteras: «A postura de Europa en inmigración é cínica»



A Razón. Xoves, 06 agosto 2015.


M. Tori.



Médicos Sin Fronteras (MSF), ao igual que todos aqueles que traballan no Mediterráneo para preservar a vida humana, está desbordado. O tráfico de chamadas de teléfonos vía satélite, non cesa. Entidades como MSF patrullan o Mare Nostrum dende hai meses, en coordinación con Italia, para realizar todos os rescates posibles ao norte de Libia. Só o mar pode "de verdade" dicir cantas persoas morreron», explicaba onte Paula Farias, coordinadora operativa de MSF no Mediterráneo. Non contenta coa situación admite: «A postura da Unión Europea é cínica en relación á cuestión migratoria». Segundo ela, «o Mediterráneo convértese nun mecanismo de selección natural, cando, por outro lado, a UE ten desenvolvidos dereitos para protexer e acoller estas persoas como refuxiados». Cada vez que hai algunha morte nunha das zonas marítimas con máis presenza militar do mundo, xorden as dúbidas acerca de se, efectivamente, todos os esforzos que se están a facer para evitar a morte en mar son suficientes.

Dende comezos de maio, Médicos sin Fronteras opera na Canle de Sicilia baixo a coordinación da Central Operativa da Garda Costeira italiana e en colaboración coa Armada irlandesa ou sueca. Faino con tres barcos de certa capacidade: o Bourbon Argos, o Phoenix (en colaboración coa ONG maltesa MOAS) e Dignity One, que zarpou esta primavera de Barcelona.

 

Máis alá das Forzas Armadas dos Estados da Unión Europea, hai unhas contadas ONG que participan, de forma máis ou menos simbólica e sempre de forma coordinada coas autoridades italianas, na actividade de salvamento de seres humanos fronte ao límite ou mesmo dentro da zona contigua do espazo marítimo libio. Unha destas ONG chámase SeaWatch, unha iniciativa alemá que se dedica principalmente ao avistamento de embarcacións na Canle de Sicilia para colaborar na sinalización das eventuais presenzas de barcos con emigrantes abordo en dificultade. Giorgia Linardi, responsable legal, afirma que «é importante que a sociedade civil estea presente, demostrando a súa preocupación cara a quen busca mellor sorte. Para conseguir cambiar as cousas, aínda que sexa poñendo foco na cuestión, temos que dar exemplo.

«Atendendo á disciplina teórica das relacións internacionais coa intervención de ONG ao lado das Forzas Armadas dos diferentes Estados membros da Unión Europea ante a costa de Libia, estamos a observar, progresivamente a un proceso de empoderamiento da sociedade transnacional fronte ao tradicional sistema político-diplomático nun contexto de conflito», advirte Linardi.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas