GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración no Mediterráneo cobrouse 2.000 vidas no que vai de ano

(05/08/2015)

A inmigración no Mediterráneo cobrouse 2.000 vidas no que vai de ano


EFE XENEBRA | Actualizado 05 Agosto 2015. O Ideal Galego

 

Cientos de personas esperan en el campo de refugiados de Calais conocido como “la jungla”	ETIENNE LAURENT

Centos de persoas esperan no campo de refuxiados de Calais coñecido como "a xungla" ETIENNE LAURENT



A Organización Internacional para as Migracións (OIM) informou onte que máis de 2.000 inmigrantes morreron este ano ao intentar cruzar o Mediterráneo, dende o norte de África ata Europa, o que converteu a esta ruta en "a máis mortal para os inmigrantes que buscan unha vida mellor".


No período similar do ano pasado morreran nese mesmo traxecto 1.607 inmigrantes, dos 3.279 persoas que pereceron ao longo de 2014.


As cifras evidencian que a Canle de Sicilia, no Mediterráneo central e que é a que conecta Libia con Italia, é moito máis perigosa que outras rutas.


Isto tamén pode inferirse do feito de que, a pesar de que Italia e Grecia experimentaron números similares de chegadas de inmigrantes (97.000 e 90.500, respectivamente), as taxas de mortalidade en ambas as dúas rutas son moi diferentes.


En Italia morreron 1.930 inmigrantes este ano, mentres que no caso de Grecia foron 60, precisou a OIM.

Traxedia en Sicilia

A última traxedia no Mediterráneo aconteceu a semana pasada na Canle de Sicilia, cando 19 inmigrantes -parte dun grupo de 456- morreron.


O motor do bote requentouse e tívose que utilizar a auga dispoñible para arrefrialo, o que provocou que catorce dos seus pasaxeiros falecesen de calor, fatiga e sede, segundo testemuños doutros que viaxaban na mesma embarcación. A pesar de continuar as traxedias, a OIM recoñeceu que o número de mortes se reduciu de forma importante nos últimos meses e que en boa medida isto se debe ao reforzamento da operación Triton, un dispositivo da Unión Europea para vixiar as súas fronteiras marítimas e que rescata as vítimas de naufraxios.


O relanzamento desa operación implicou a posta a disposición de máis embarcacións que controlan as augas internacionais, onde os inmigrantes enfrontan as maiores dificultades.


Este ano, preto de 190.000 inmigrantes foron rescatados. A OIM adiantou que os próximos meses non representarán un respiro neste fenómeno. Conforme avanza o verán aumentarán os intentos de atravesar o Mediterráneo.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas