GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mozas e mozos galegos nados na diáspora en Venezuela trasladan a Miranda os seus retos e esperanzas de futuro

(03/08/2015)

Mozas e mozos galegos nados na diáspora en Venezuela trasladan a Miranda os seus retos e esperanzas de futuro

 
 

 

O secretario xeral da Emigración coñeceu as comunidades galegas de Caraballeda e Puerto la Cruz, localidade na que mantivo un encontro específico coa mocidade. 

 

As e os rapaces galegos de segunda xeración expresaron o seu fondo interese e compromiso por manter vivas as ligazóns coa terra da orixe familiar. 

 

Na imaxe, o secretario xeral da Emigración coas mozas mozas e os mozos galegos de Puerto La Cruz

Na imaxe, o secretario xeral da Emigración coas mozas mozas e os mozos galegos de Puerto La Cruz
 

 

 

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2015.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou ás e aos socios, e coñeceu as instalacións, do Centro Galego de Puerto La Cruz, localidade da costa venezolana sita 300 quilómetros ao leste de Caracas, no estado de Anzoátegui, coñecida polo seu importante papel na produción e distribución de petróleo. Trala visita á sede e unha xuntanza coa directiva, Miranda mantivo un encontro coa mocidade vinculada á entidade, co gallo de coñecer as aspiracións, inquedanzas e retos de futuro, da xeración de galegos nados xa en terras venezolanas.

 

Así, o secretario xeral puido comprobar a intensidade coa que as e os mozos galegos nados na diáspora teñen intención e compromiso firme de manter e afondar nas súas raíces, fornecendo as ligazóns que os unen coa terra das e dos seus devanceiros. Boa proba dese compromiso é a activa participación da mocidade galega residente en Venezuela nos programas sociais e formativos desenvolvidos pola Secretaría, tales como ‘Conecta con Galicia’ ou ‘Escolas Abertas’.

 

“Agrádame de maneira especial nesta viaxe –dixo Miranda- poñer rostro e nome ás mulleres e aos homes que conforman o futuro de Galicia. Porque os galegos do futuro, e por tanto a Galicia do futuro, están no territorio, pero por suposto tamén no Exterior”. O titular de Emigración animounas e animounos a respectar, querer, e facer seu, o legado material e inmaterial dos seus pais e avós “como de feito me consta que o facedes decote”, afirmou.

 

Igualmente, as e os rapaces galegos de Puerto La Cruz trasladaron a Miranda as súas consultas e dúbidas sobre as posibilidades de retorno familiar á Galicia territorial, á terra de orixe. O secretario xeral explicoulles as axudas específicas que o seu departamento oferta para as e os emprendedores residentes no estranxeiro que queiran iniciar o seu negocio na Galicia territorial, axudas compatibles coas que a Consellería de Traballo e Benestar, e o Instituto Galego de Promoción Económica, convocan cada ano.

 

O Centro Galego de Puerto La Cruz, presidido por José Luis Quivén, creouse hai 55 anos por iniciativa das e dos primeiros galegos emigrados a esta zona da costa venezolana. Case todos e todas procedían do mundo empresarial e do pequeno e mediano negocio relacionado, en numerosas ocasións, co sector turístico. Integrados plenamente na sociedade receptora, teñen formado un grupo con certa influenza social e económica na cidade, e na contorna periurbana da Gran Barcelona, a segunda en importancia do país.

 

Caraballeda
Rodríguez Miranda concluirá hoxe domingo esta nova viaxe por Venezuela, cumprindo así o seu compromiso de manter contacto directo e permanente coa diáspora galega no país, agora que atravesa momentos de incerteza económica e social. E o remata coñecendo a socias e socios, e as instalacións, dunha entidade senlleira da costa venezolana, o Club Tanaguarena.

 

Esta colectividade, formada maioritariamente por galegas e galegos, toma o seu nome dunha das colonias urbanizadas de Caraballeda, localidade do estado de Vargas, xa preto do aeroporto internacional de Maiquetía. A visita de Miranda responde a unha invitación da directiva para que coñecese a masa societaria dunha entidade que se caracteriza por ofrecer ás e aos seus abonados un enclave de estabilidade e seguridade illado de convulsións, de maneira similar ao que acontece coa sede da Hermandad Gallega na capital, Caracas. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas