GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Baltar comprométese a asinar un convenio co MEGA para dixitalizar o patrimonio do Centro Ourensán

(24/07/2015)

Baltar comprométese a asinar un convenio co MEGA para dixitalizar o patrimonio do Centro Ourensán

 

 

 

Redacción, Vigo | 23 Xullo 2015 - Crónicas da Emigración



Carmela Silva, nueva presidenta de la Diputación de Pontevedra, recibió a Francisco Lores.

Carmela Silva, nova presidenta da Deputación de Pontevedra, recibiu a Francisco Lores.


 

 

A visita que o presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina, Francisco Lores, realiza por Galicia está a resultar frutífera, segundo dá a entender. Despois do encontro recente co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con quen falou da posibilidade de crear unha Fundación para preservar o patrimonio galego en Bos Aires, Lores reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, quen se comprometeu a apoiar a dixitalización do patrimonio cultural de toda a historia da emigración, e en concreto, do que dispón o Centro Ourensán en Bos Aires, que naceu no seo da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina.

No Centro converxeron algúns dos máis destacados representantes da intelectualidade galega exiliada, incluíndo a súa figura máxima, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

No seu propio órgano de prensa, 'O Ourensán', unha publicación de aparición quincenal que abrangueu 28 números, entre novembro de 1944 e decembro de 1945, editada case en partes iguais de galego e castelán, colaboraron algunhas das máis notables personalidades do galeguismo e do republicanismo, tanto do exiliado coma do que permaneceu en Galicia tras o final da Guerra Civil: Vicente Risco, Ramón Rey Baltar, Ramón Suárez Picallo, Arturo Cuadrado, Eugenio Carré Aldao, Rafael Dieste, Ramón Otero Pedrayo, Xosé Filgueira Valverde, Moisés da Presa, Vázquez da Xesta, Antón Alonso Ríos, Gumersindo Sánchez Guisande ou Xosé Núnez Búa.

 

Todo este patrimonio histórico, Lores considera que non se debe perder", porque "Galicia é universal", di. De aí a súa intención de conseguir apoios para que se lle dea unha situación acorde co que merece, tendo en conta que se trata de documentos pictóricos e manuscritos de primeiras figuras da intelectualidade galega instalada en Bos Aires durante o século pasado e que deben conservarse na capital arxentina.

Lores tamén se reuniu coa nova presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, con quen pretende asinar igualmente un convenio bilateral para recuperar o material referido á provincia de Pontevedra.

Durante a súa estanza en Galicia, Francisco Lores tamén tivo a oportunidade de reunirse co xefe de prensa do organismo provincial na Coruña e co colaborador e expresidentes da devandita institución Salvador Moreda, a quen invitou a participar en novembro próximo nos actos do 10º aniversario da fundación do MEGA (Museo da Emigración Galega en Arxentina), xa que "foi a persoa que máis apoiou" esta iniciativa, sentenciou Lores.

O presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina tamén anunciou que no que resta deste ano ou a comezos do próximo, a Federación vai organizar un festival de grandes poetas ao estilo do que tivo lugar no ano 1947 e no que participaron literatos do talle de Pablo Neruda, Nicolás Guillén, Miguel Ángel Asturias, León Felipe, Raúl González Tuñón ou o mesmo Rafael Alberti.

Lores adiantou que nesta ocasión estarán presentes, entre outros, o escritor galego Manuel Rivas, ademais de representantes da poesía de América e Europa.

Lores aproveitou a súa conversación con este xornal para instar a que se intensifiquen as relacións bilaterais entre Europa e América Latina, porque, ao seu entender, no novo continente se están a asentar as bases contra o neoliberalismo e en favor da paz. "Europa e España teñen que seguir a canle de América Latina" que está "en contra do neoliberalismo" e "loita pola paz", dixo.

Neste contexto, fixo un chamamento ao Rei para que visite Arxentina ou Chile, países cun gran potencial que, ao seu entender, debe ser aproveitado en Europa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas