GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mato e Miranda visitan aos participantes de "Conecta con Galicia" en Ourense

(22/07/2015)

Mato e Miranda visitan aos participantes de "Conecta con Galicia" en Ourense

 

 
 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, mantiveron esta mañá un encontro con eles antes de iniciaren as súas actividades

 

Os participantes, procedentes de Arxentina, Brasil, Perú e Venezuela, están acompañados por 19 galegos e galegas co fin de “renovar os lazos entre Galicia e o outro lado do Atlántico”

 

En total, o programa “Conecta con Galicia” oferta máis de 200 prazas

 

Mato e Miranda visitan aos participantes de "Conecta con Galicia" en Ourense
Mato e Miranda visitan aos participantes de "Conecta con Galicia" en Ourense

 

Ourense, 21 de xullo de 2015.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

Máis de 40 mozos e mozas descendentes de emigrantes galegos e residentes no exterior están a participar en Ourense no programa de convivencia “Conecta con Galicia” que organiza a Xunta co fin de “renovar os lazos co outro lado do Atlántico”.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; desprazáronse hoxe ata a residencia xuvenil Florentino López Cuevillas co fin de manter un encontro con eles e cos 19 mozos e mozas galegos que os acompañan nesta experiencia.

 

Esta quenda, que se está a desenvolver entre o 15 e o 26 de xullo, céntrase na temática “Cultura e camiño”. Así, ademais de coñecer o Camiño de Santiago, os participantes están a visitar o patrimonio histórico e cultural da zona de Ourense.

 

Segundo destacaron os responsables autonómicos, con esta actividade os mozos e mozas teñen a oportunidade de “coñecer os camiños de Galicia e Europa e seguir crecendo e desenvolvéndose a nivel persoal”.

 

En total, o programa “Conecta con Galicia” oferta máis de 200 prazas distribuídas en dúas quendas: do 1 ao 12 de xullo, e do 15 ao 26 de xullo. O programa componse de dúas modalidades: o “mar de Galicia”, que ten lugar no albergue xuvenil de Gandarío, no que se realizan actividades náuticas; e “Cultura e Camiño”, que se desenvolve na zona de Lugo e na de Ourense en diferentes quendas.

 

Ademais, tamén en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, no campo de traballo de Castromaior en Portomarín, convivirán 20 mozos e mozas da emigración con 10 mozos e galegos, todos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. No campo de traballo, de carácter medioambiental e etnográfico, os voluntarios transmitiranlle a historia do contorno aos peregrinos con actividades teatralizadas, traballarán na limpeza do Castro de Castromaior, e sinalizarán o acceso a este Castro para poñelo en valor.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas