GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Beatriz Mato saudou os 60 descendentes de emigrantes do programa 'Conecta con Galicia'

(08/07/2015)

Beatriz Mato saudou os 60 descendentes de emigrantes do programa 'Conecta con Galicia'

 

 

Crónicas de la Emigración | 07 Xullo 2015 -


Beatriz Mato habla con los participantes en el campamento juvenil de Gandarío.
Beatriz Mato fala cos participantes no campamento xuvenil de Gandarío.

 

Un total de 1.330 mozos participarán este ano nas actividades programadas na Campaña de Verán no Complexo Xuvenil  As Mariñas, que engloba os albergues de Gandarío e o da Mariña Española. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato

 

, visitou este luns os 200 participantes da primeira quenda do mes de xullo e aproveitou para saudar os 60 participantes do programa 'Conecta con Galicia', un programa de convivencia entre rapaces galegos e descendentes de emigrantes co que se busca achegalos á realidade galega e ás súas raíces.

O Complexo Xuvenil As Mariñas é o centro que máis participantes acolle pola súa situación "privilexiada" a pé de praia. Precisamente, esta localización converte as actividades relacionadas co mar na especialidade deste albergue, que conta cunha importante equipación
para que os participantes aprendan técnicas básicas de navegación a vela ou wíndsurf, ao tempo que obteñen coñecementos prácticos do medio mariño.

Beatriz Mato recordou a "inequívoca" aposta da Xunta por estes dous albergues que se plasmou o pasado ano nas obras de mellora que se executaron nas instalacións. Unha actuación na que se investiron 300.000 euros para mellorar e actualizar as infraestruturas, a equipación e o sistema de calefacción do complexo xuvenil. Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Mellora das Instalacións Xuvenís de Galicia, desenvolvido entre 2013 e este mesmo ano cun investimento total de máis de 700.000 euros.

Beatriz Mato indicou que estas instalacións, xunto cos outros 17 albergues e campamentos de Galicia que participan na campaña deste ano, "ofrecen á xuventude e ás súas familias un recurso de ocio educativo e tempo libre". "As actividades non só axudan aos rapaces a incrementar as súas habilidades sociais, tamén supoñen unha magnífica oportunidade de educación non formal e un recurso de conciliación da vida familiar e laboral, tamén contribúen a mellorar o coñecemento do medio natural, fomentan as actividades culturais e promoven a práctica de deportes, xa sexa tradicionais, de aventura ou náuticos," apuntou.

Así mesmo, indicou que, como novidade deste ano, se inclúen por primeira vez na programación as quendas IMPLÍCA-t, que contarán con actividades de educación non formal e voluntariado para mozos de entre 14 e 17 anos. Trátase dunha nova actividade da que tamén poden gozar os mozos inscritos no campamento de Gandarío
a partir de agosto.

Os campamentos xuvenís forman parte da oferta da Campaña de Verán que arrancou oficialmente a semana pasada. Unha campaña que, "un ano máis, se reforza en Galicia, mentres outras comunidades prescinden dela".

En 2015 investiranse 2,4 millóns de euros para o desenvolvemento desta campaña, un 4,5% máis que o pasado ano. Con ese esforzo económico, financiaranse 8.530 prazas en campamentos, actividades para maiores de 18 anos e campos de traballo, un 3,2% máis que en 2014.

Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre galegas dan traballo a máis de 900 monitores e directores de campamentos. Ademais, estes 900 profesionais son na súa maioría xente nova, que conforman un equipo técnico especializado na xestión do ocio educativo e do tempo libre.

 

 

 




Redacción, Bergondo (A Coruña

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas