Uns cincocentos mozos galegos poderán realizar prácticas formativas non remuneradas en 31 países europeos. O DOG publica hoxe a orde que regula o Programa de Movilidade Transnacional Xuvenil, Galeuropa, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e a súa convocatoria para o ano 2015. O programa está dotado cun millón de euros e permitirá aos mozos adquirir «experiencia profesional» e mellorar as súas competencias en idiomas.
A orde enmárcase no Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. A convocatoria está liderada por Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña.
O prazo de solicitude será dun mes a partir de mañá e a duración das prácticas, de dous meses, no caso de axudas individuais, e de dúas a tres meses para axudas a proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro.