GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión Delegada aproba reformas para axilizar a resposta a necesidades do colectivo

(29/05/2015)

A Comisión Delegada aproba reformas para axilizar a resposta a necesidades do colectivo


 

Reunión de la Comisión Delegada del Pleno del Consello de Comunidades Galegas, en Santo Estevo de Ribas de Sil.

Reunión da Comisión Delegada do Pleno do Consello de Comunidades Galegas, en Santo Estevo de Ribas de Sil
.


I.Bande
28/05/2015

 

 

"A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas é a voz dos galegos no exterior", asegurou esta mañá o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, nunha pausa da reunión anual deste órgano, que "representa -entre Consellos de Comunidades Galegas- a toda a Galeguidade Universal. A localidade ourensana de Santo Estevo acolleu a última reunión deste órgano antes da cita que a colectividade galega terá a fins de ano e que serviu para impulsar varias reformas na Lei de Galeguidade destinadas a axilizar o funcionamento tanto do Consello de Comunidades Galegas, coma da propia Comisión Delegada.

O secretario xeral de Emigración aproveitou a ocasión para agradecer aos membros da Comisión Delegada do Pleno do Consello de Comunidades Galegas o "traballo intenso e positivo" realizado na reunión que este ano tivo lugar no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Ourense. "Están todos moi implicados e son moi conscientes do seu traballo e a súa responsabilidade", asegurou Rodríguez Miranda
, quen, ademais, destacou a "capacidade de colaboración mutua" dos conselleiros á hora de alcanzar acordos que beneficien a toda a colectividade galega.

Nesta ocasión, o protagonismo foi para a posta en marcha dun regulamento interno que garanta o funcionamento e a organización do Consello de Comunidades Galegas. Trátase dun documento elaborado coa colaboración dos membros da Comisión Delegada e que conta co respaldo das Comunidades Galegas que representan (en España, Europa e América). A aprobación definitiva deste documento, por parte dos representantes da Emigración, coincidiu cos primeiros pasos desta reforma na Cámara Galega.

 

 

"Esta mañá o Consello da Xunta procedeu á aprobación previa do Decreto de Funcionamento e Organización que se realizou coa colaboración dos conselleiros e que foi presentado en Santo Estevo", confirmaba un emocionado Secretario Xeral de Emigración. Agora este Decreto pasará ao Consello Consultivo antes de regresar ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Comision-delegada-05

Unha das principais novidades deste regulamento será a posta en marcha dun "voto ponderado", entre as diferentes comunidades galegas. Que significa isto? Ata agora todas as entidades galegas tiñan a mesma representatividade -unha entidade= un voto- á hora de elixir os membros da Comisión Delegada.

A partir de agora entrará en funcionamento un novo baremo, que ofrecerá maior peso ás entidades que teñen unha maior "importancia". As entidades poderán ter entre un e cinco votos atendendo a varios criterios, como poden ser: o seu número de socios; a súa importancia e representatividade de Galicia na zona; a existencia de máis entidades na zona xeográfica; as súas actividades, etc...

"O voto ponderado só rexe para elixir os membros da Comisión Delegada que van representar ao Consello no próximo mandato. No resto de temas cada entidade será un voto", sinalou o secretario xeral de Emigración.

Tamén se dou conta de aspectos que forman parte das novas responsabilidades que, por desenvolvemento da nova Lei de Galeguidade, asume a Comisión Delegada, entre elas o estudo dos relatorios que formarán parte do plenario do Consello de Comunidades Galegas (cumio de todos os centros e casas de Galicia con recoñecemento de Galeguidade de todo o mundo), que se celebrará nos próximos meses.

Outros aspectos desas novas responsabilidade son a creación de comisións e observatorios específicos, a elaboración de informes preceptivos sobre algún aspecto que considere a Comisión, ou a incorporación de novos membros ao Rexistro das Comunidades Galegas, cuestións que ao longo da xornada son obxecto de análise e debate polos membros da Comisión.

A posta en marcha do Decreto de Funcionamento do Consello e da Comisión Delegada, supón que "a día de hoxe xa hai dúas normas que regulan o desenvolvemento da Lei de Galeguidade", destacou Rodríguez Miranda.

Un mandato de intenso traballo

"Durante o mandato desta Comisión Delegada conseguimos: primeiro aprobar unha nova Lei de Galeguidade", que substitúe á anterior, que estivo vixente durante 30 anos e que -en palabras de Rodríguez Miranda- senta as bases de como vai ser a galeguidade do futuro".

Pero a esta Comisión Delegada tamén lle tocou poñer en marcha dúas das principais normas de desenvolvemento da Lei de Galeguidade: o regulamento de Rexistro; e o de Organización e Funcionamento do Consello e da Comisión delegada, que foi o que se debateu en Santo Estevo.

"A Lei xa entrou en vigor e agora xa ten dous regulamentos de desenvolvemento", felicitouse o secretario xeral, quen destacou que "a posta en marcha da Lei de Galeguidade pretende adaptar a realidade da galeguidade actual" aos cambios sociais producidos" "nos últimos 30 anos".

Por iso, o primeiro paso consistiu nunha "posta ao día, para saber que comunidades galegas temos e que fan. Creáronse diversas tipoloxías de entidades galegas para dar cabida a todo o mundo e para que calquera entidade galega do exterior hoxe poida ter un recoñecemento de galeguidade, segundo o que é e o que fai", sinalou o secretario xeral.

 

comision-delegada-03

De feito puxéronse en marcha diferentes tipoloxías para clasificar ás colectividades galegas en función da súa dimensión, numero de socios, actividades que realizan... e que deron lugar a: Comunidades Galegas, Centros Colaboradores, Centros de Promoción e Difusión da Cultura galega e a algo novo, as redes sociais, que agora tamén teñen cabida dentro do ámbito da galeguidade.

O primeiro paso desa nova lei apostou pola Unión das entidades. "Seguimos con este traballo, que queda patente no Rexistro de Entidades,".

Agora, a Comisión Delegada aposta por axilizar e facilitar o seu propio funcionamento interno, nese camiño por axilizar a posta en marcha da Lei de Galeguidade.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas