GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bulgaria, Grecia e Turquía pechan filas para frear a inmigración clandestina

(26/05/2015)

Bulgaria, Grecia e Turquía pechan filas para frear a inmigración clandestina

 

Crearán un centro de intercambio de información en tempo real, co obxectivo de frear o contrabando

 

Afp 26 de maio de 2015.

 

 
 

Bulgaria, Grecia e Turquía asinaron onte un acordo en Sofía para crear un centro de intercambio de información en tempo real, co obxectivo de frear a inmigración clandestina e o contrabando. O centro de colaboración policial e aduaneira situarase no posto fronteirizo de Kapitan-Andreevo, entre Bulgaria e Turquía, aínda que a súa creación queda pendente de que o acordo sexa ratificado agora polos parlamentos dos tres países.

 

É un dos problemas máis perentorios que comparten estes países con fronteiras comúns. Turquía acolleu a 2 millóns de inmigrantes, entre eles 1,7 millóns de refuxiados sirios, segundo datos facilitados polo ministro turco do Interior, Sebahattin Östürk, que lamentou que a Unión Europea só destine 300 millóns de dólares para afrontar os gastos que supoñen.

 

Bulgaria edificou un valo de 30 quilómetros e despregou policías para limitar a entrada de inmigrantes clandestinos procedentes de Turquía, unha medida insuficiente. Xunto con Grecia, o país enfróntase a unha explosión do número de inmigrantes rumbo a Europa Occidental e procedentes das zonas en conflito.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas