GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O BOE publicou a convocatoria para 2015 das subvencións do programa de Centros

(13/05/2015)

O BOE publicou a convocatoria para 2015 das subvencións do programa de Centros



Redacción, Madrid | 13 Maio 2015 - Crónicas da Emigración



O Boletín Oficial do Estado (BOE
) publica este martes, día 12, a Orde pola cal a Dirección Xeral de Migracións convoca para 2015 as axudas do Programa de Centros, ás que destinará un total de 800.000 euros. Estas subvencións teñen por obxecto contribuír a sufragar os gastos de obra nova, obras de rehabilitación e adaptación dos edificios e instalacións, e adquisición de equipamento, das entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural a favor dos españois do exterior.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as federacións, asociacións ou centros de españois no exterior, que conten cun número de asociados maior de 50 e que desenvolvan un labor sociocultural, sanitario ou asistencial a favor dos españois do exterior. As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas, radicadas no estranxeiro e figurar inscritas, no seu caso, no Censo de Asociacións e Centros (CACE) da Dirección Xeral de Migracións con dous anos de antelación á data de presentación da solicitude.

A contía da subvención non poderá ser superior a 65.000 euros e o prazo de execución dos programas subvencionados pola presente convocatoria será dende a data de resolución de concesión da subvención ata o 31 de marzo de 2016.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas