GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os voceiros da emigración lamentan a exclusión de alumnos de lingua e cultura

(05/05/2015)

Os voceiros da emigración lamentan a exclusión de alumnos de lingua e cultura



Reunión de los miembros de la Comisión de Educación del Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior.

Reunión dos membros da Comisión de Educación do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.




I. Bande
05/05/2015

 


"Existe un profundo desacordo co sistema actual das Clases de Lingua e Cultura Españolas, ALCE, para os nenos da diáspora española". Esta é a principal conclusión á que chegou lA subcomisión de Lingua e Cultura do Consello Xeral da Emigración, durante a súa reunión en Madrid con motivo de preparar as peticións que presentarán no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.


Os voceiros da diáspora, en materia de Cultura e Educación, agruparon as súas peticións en torno a tres grandes eixes. O punto principal é a petición á Administración española dun "retorno ao sistema tradicional" no que as clases aos nenos eran, principalmente, presenciais. "Queremos un regreso ás clases presenciais, con formación semipresencial de tipo complementario", comentaron representantes desta subcomisión a este diario.


Os voceiros da diáspora española consideran que o sistema posto en marcha pola Administración española, no que prima a educación a distancia supón "un muro insalvable" para moitos dos fillos de españois residentes en países con aulas ALCE.


"Temos unha percepción moi negativa, tanto dos materiais didácticos coma dos recursos para estudar, que consideramos son de calidade deficiente, e non están axeitados ao nivel do Marco Europeo que regula este tipo de formación". Varios dos representantes da subcomisión lamentaron que o novo sistema semipresencial "discrimina e expulsa os alumnos con menos competencias".

 

 

Os voceiros da emigración sinalaron a Cristóbal Gutiérrez, xefe da Area de Educación no Exterior, que "os nenos con menos competencias, ou que non chegan a resolver todos os exercicios son expulsados", ao igual que: "os alumnos que non teñen ordenador, aqueles cuxas familias non teñen recursos ou tempo para axudarlles, ou os que proceden de familias bi-nacionais, onde un dos proxenitores non ten coñecementos de grámatica cos que cubrir as deficiencias do sistema,".


Por este motivo, os conselleiros xerais da Emigración solicitaron ao Goberno unha volta ao "sistema mixto" e "non botar os alumnos con dificultades". Tamén reclamaron un reforzo das aulas ALCE, con máis preparación tanto a nivel de idioma coma da cultura española.


Os conselleiros reunidos en Madrid focalizaron unha nova problemática para os fillos de españois en países de fala non hispana. "A nova emigración, que son mozos sobradamente preparados encóntranse coa imposibilidade de que o sistema actual manteña as competencias dos seus fillos, no caso de que queiran regresar e reintegrarse no sistema educativo español,".


Por último, os relatores que preparan as propostas que se presentarán no Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, lamentaron o que cualifican como "ideoloxización" dos profesores de Lingua e Cultura. Sinalaron que "moitos profesores nos trasladaron a súa preocupación pola solicitude, por parte da Administración, dun código que debe regular a súa actitude,". " Que é iso. Unha cousa é que se lles pidan competencias educacionais, pero actitude... No encaixa cun sistema educativo democrático onde hai liberdade de cátedra".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas