GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visita as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración do Día de Galicia por parte da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña

(04/05/2015)

Miranda visita as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración do Día de Galicia por parte da Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña

 

O secretario xeral da Emigración inaugura mañá a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’ en Núremberg, coincidindo coa celebración conxunta dos nove centros pertencentes á entidade. 

 

 

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2015.

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visita hoxe as comunidades galegas de Troisdorf e Bonn, na xornada previa á celebración conxunta do Día de Galicia por parte das socias e socios das nove entidades pertencentes á Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña.

Así, Miranda coñeceu a socias e socios, e as instalacións, do Grupo Cultural Galego de Troisdorf, creado no ano 1996 e presidido por Roberto Bodelo e que, como indica o seu nome, ten por finalidade a transmisión e espallamento da cultura galega nesta zona, ubicada ao norte de Bonn e ao sudeste de Colonia.

Miranda desprazouse despois precisamente ata Bonn para visitar aos socios e socias, e coñecer as instalacións, do Club Galicia desta cidade, fundado en 1980 e presidido por Eva Salgado, e cuxo motor principal son as actividades deportivas: contan con dous equipos que xogan na Liga alemá de fútbol, ademais dun equipo de veteranos.

Canda estas dúas comunidades, forman a Coordinadora o Centro Cultural Galego de Cuxhaven, o homónimo de Frankfurt do Meno, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo, o Centro Galego de Hannover, a Peña Galega de Múnic, o Centro Galego de Núremberg, e o Centro Cultural e Deportivo Galicia Emigrante 1972 con sede na localidade de Gütersloh.

 

Día de Galicia e ‘Blaunacht’
Miranda visita mañá a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’  en Núremberg, cidade que visita esta instalación ata o vindeiro domingo, co que arrinca o seu calendario internacional para 2015, tralo éxito do seu paso por Burgos. Como sempre que recala nunha cidade, faino por propia iniciativa das comunidades galegas da zona, neste caso da devandita Coordinadora, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O paso por Núremberg coincide coa Blaunacht (Noite azul), similar á ‘Noite en Branco’ doutras cidades europeas, na que abren os museos e boa parte de instalacións culturais e tamén comerciais, á parte do comentado Día de Galicia organizado pola Coordinadora.

Así, espérase que miles de persoas saian á rúa para gozar das atraccións da cidade, e por tanto achéguense a coñecer a área expositiva sobre Galicia, tendo en conta que a súa localización non pode ser máis céntrica, en pleno corazón do centro histórico de Núremberg. Ademais, atópase instalada na Jakobsplatz (Praza de Santiago), fronte á Jakobskirche (Igrexa de Santiago), no percorrido que a ruta xacobea traza por terras alemás.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas