GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A reforma do voto emigrante leva máis dun ano sen ningún avance no Congreso

(14/04/2015)

A reforma do voto emigrante leva máis dun ano sen ningún avance no Congreso



La reforma electoral del voto emigrante ha cumplido ya un año hibernando en el Congreso de los Diputados.

A reforma electoral do voto emigrante cumpriu xa un ano hibernando no Congreso dos Deputados.

 

A Rexión Internacional 14/04/2015



A reforma electoral do voto emigrante cumpriu xa un ano hibernando no Congreso dos Deputados, acumulando decenas de prórrogas de emendas sen que o PP quixese dar o visto e prace á súa tramitación parlamentaria.

A proposición de lei para reformar a lei electoral e eliminar o voto 'pregado' para os residentes no estranxeiros foi presentado no Congreso polo Parlamento de Galicia, co aval do PP
galego e da oposición socialista e nacionalista.


Revogar o voto pregado

Trátase dunha proposta para revogar a reforma electoral que PP, PSOE e os nacionalistas cataláns e vascos aprobaron en 2010 e que supuxo obrigar aos inscritos no Censo de Residentes Ausentes (CERA) a pedir con antelación o exercicio do voto como requisito para poder participar nuns comicios.

Aquela reforma, nacida para evitar a fraude do voto emigrante, trouxo como consecuencia o derrubamento da participación dos inscritos no CERA, o que incrementou as voces pedindo unha rectificación. Aos que se opuxeron dende o primeiro momento, IU, BNG, UPyD e CC, fóronse sumando os propios asinantes da reforma do 2010, incluíndo CiU, o PSOE e algunhas organizacións territoriais do PP
.

A proposta galega foi tomada en consideración polo Pleno do Congreso en marzo de 2014, co voto do PP, pero dende entón non avanzou un milímetro. Os prazos de presentación de emendas fóronse ampliando semana tras semana e xa van máis de 40 prórrogas.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas