GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia, Pórtico Universal inicia o seu percorrido de 2015

(13/04/2015)

Galicia, Pórtico Universal inicia o seu percorrido de 2015


Expreso. Redacción.
A.F
12/04/2015



Galicia_PorticoO secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e Cultura de Burgos, Fernando Gómez Aguado, e o presidente do Centro Galego desta cidade, Anxo Ferreiro Sarmiento
, presentaron Galicia, Pórtico Universal, que terá lugar entre os días 17 e 19 de abril.

A presenza en Burgos, coa que arranca o seu calendario para 2015, coincide co vixésimo aniversario do Centro Galego
da cidade, e coa celebración do XXII Día de Galicia en Castela e León, que de xeito rotatorio ten lugar cada ano nalgunha das cidades da rexión que contan con comunidade galega asentada.
Entre os eventos programados para esta efeméride, ademais da presenza de 'Galicia, Pórtico Universal', cabe destacar que se poñerá en escena no Teatro Clunia o espectáculo 'Galicia, Camiño de Santiago' do Bruxo Queiman e Andrea Pousa
, cuxa recadación íntegra se destinará ao Banco de Alimentos burgalés.
Tamén na véspera, o venres 17 de abril no Teatro Principal da cidade castelá, terá lugar outro concerto solidario organizado polo propio Centro Galego, e a cargo do grupo Foles e Ferreñas
e o Orfeón Burgalés.
Comunidades activas
Galicia, Pórtico Universal é unha liña de actuación posta en marcha en 2013 e que quere dar a coñecer a Comunidade Autónoma galega aos cidadáns doutras Comunidades e países, xerando actividades de interese, participativas e lúdicas para a poboación das zonas nas que se asentan as comunidades galegas, e que neste 2015 comeza a súa andaina en Burgos.
A iniciativa pretende cristalizar o afán de colaboración entre as comunidades galegas de fóra do territorio coa propia Administración galega, e tamén coas administracións locais dos lugares con colectividades galegas, e que conta no caso de Burgos co firme apoio das autoridades da cidade e da rexión, apoio que Rodríguez Miranda agradeceu na súa presentación.

O secretario xeral de Emigración da Xunta gabou precisamente esta colaboración 'por canto supón un novo fortalecemento nas boas e estreitas relacións entre Burgos e Galicia, e proba a integración e presenza galega na cidade. No caso de Galicia Pórtico Universal, os galegos da diáspora actúan como auténticos embaixadores da nosa terra, e o Centro Galego actuou como catalizador de luxo deste afán de colaboración'.
Miranda
tamén destacou na presentación da área que 'ademais supón un magnífico expoñente de coordinación entre distintos departamentos dunha mesma Administración, e tamén entre varias administracións, mediante o cal se coopera e se multiplica o efecto, optimizando así os recursos'.
O alto cargo da Xunta destacou a relevancia do papel do Camiño de Santiago -outro leit motiv de Galicia, Pórtico Universal como 'elemento integrador da irmandade entre todas as rexións que atravesa' a milenaria ruta jacobea elemento que serviu' 'para dinamizar os novos retos e oportunidades que se nos presentan', sinalou Miranda
.
En total, a instalación presentada recibiu xa máis de cen mil visitantes, sesenta mil dos cales se achegaron durante o ano 2014 a coñecela e gozala en Barcelona, Hamburgo, Vitoria
, Córdoba (de Andalucía) e Bos Aires, primeira vez que daba o salto ao outro lado do Atlántico. Na capital arxentina, participou no evento 'Bos Aires celebra Galicia', que supuxo un importante éxito de organización e participación malia unha climatoloxía adversa, e que sorprendeu as propias autoridades locais.
No seu primeiro ano de funcionamento, 2013, Galicia, Pórtico Universal xa fora visitada por máis de corenta mil persoas en Fráncfort, País Vasco (Santurce), Sevilla e Barcelona.

A área xerou ata a data 150 aparicións en prensa escrita, radios e televisións nacionais e estranxeiras, e 1.700.000 impactos en redes sociais. Ao mesmo tempo, máis de 1.300 especialistas participaron activamente nas accións promocionais de produtos galegos.
Galicia, Pórtico Universal é unha infraestrutura sinxela e moi versátil que inclúe unha exposición de artesanía galega, unha mostra de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, unha demostración en vivo dunha actividade artesá galega, área de información de turismo, e unha aula profesional de catas.
Inclúe ademais un punto de venda de produtos amparados polos consellos reguladores de produtos agroalimentarios con denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa, e como novidade nesta visita a Burgos, estrea o seu Centro de Negocios. Tamén cabe destacar que a súa aula especializada contará coa presenza dun dos cociñeiros galegos galardoados este ano cunha estrela 'Michelin
'.
Grazas ao éxito conseguido pola iniciativa ao longo de 2013 e 2014, o Goberno galego pretende dar pulo a Galicia, Pórtico Universal con visitas a outras cidades destacadas do ámbito nacional e internacional, e era a súa intención que neste percorrido de 2015 se comezase por Burgos, pola súa traxectoria de colaboración coa comunidade galega, pola súa relevancia económica en todo o norte do país, e 'polas súas interesantes perspectivas de futuro en diversos sectores, nas que sen dúbida solicitará de novo o apoio das galegas e galegos residentes,' segundo destacou Rodríguez Miranda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas