GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Médicos do mundo esixe a tarxeta sanitaria para os inmigrantes irregulares

(01/04/2015)

Médicos do mundo esixe a tarxeta sanitaria para os inmigrantes irregulares

 

lainformacion.com

 

martes, 31/03/15 -



Médicos
do Mundo pediu este martes ao Ministerio de Sanidade que facilite a tarxeta sanitaria aos inmigrantes en situación irregular para que accedan ao sistema de saúde "en condicións de igualdade".
En declaracións a Servimedia, o presidente de Médicos do Mundo Madrid, Manuel Espinel, valorou así o anuncio do ministro de Sanidade, Alfonso Alonso
, que este martes declarou que os inmigrantes irregulares volverán ter acceso á atención primaria, aínda que se mostrou en contra de facilitar a tarxeta sanitaria.
Neste sentido, Espinel
afirmou que esta medida reducirá "as barreiras para o acceso sanitario impostas polo Real Decreto 16/2012, que só permitía aos inmigrantes en situación irregular ir a urxencias". Non obstante, matizou que restablecer só a atención primaria "acouta" o acceso aos servizos sanitarios.
O presidente de Médicos do Mundo Madrid asegurou que o anuncio do ministro de Sanidade non concreta que tipo de atención sanitaria poden recibir os inmigrantes sen papeis. Non sabemos se permitirá o acceso á receita médica ou só á consulta no centro de saúde ou se garante a atención especializada no caso de patoloxías graves", explicou.
Para concluír, Espinel pediu que os inmigrantes irregulares sexan titulares do dereito da saúde, por medio da súa tarxeta sanitaria, e que "todos os colectivos teñan acceso sanitario en condicións de igualdade".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xullo 2020
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020. Información para o voto dos/as residentes no exterior 04/06/2020-12/07/2020

 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas