GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda tramitará en Monforte a devolución de multas a emigrantes

(04/03/2015)

Facenda tramitará en Monforte a devolución de multas a emigrantes

A Axencia Tributaria rectifica por mor das xestións da portavoz do PP

 

DÍAZ MONFORTE / LA VOZ, 04 de marzo de 2015.

 

 

Unha das protestas realizadas fronte a Facenda polo colectivo de emigrantes retornados.

 

A oficina de Facenda en Monforte atenderá os trámites relacionados coa devolución das sancións que se impuxeron a emigrantes retornados por non tributar as súas pensións doutros países. Dous días despois de que o goberno local denunciase que as xestións deberían realizarse en Lugo, a concelleira do PP e deputada autonómica Julia Rodríguez entrou en escena para cortar de raíz a polémica. «Recibín a confirmación, por parte do delegado en Lugo, de que os afectados van poder facer a solicitude de todos os trámites en Monforte», sinalou onte a portavoz popular.

Julia Rodríguez mantivo unha conversación durante a mañá de onte co delegado da Axencia Tributaria en Lugo, José María Núñez, na que se interesou polos plans para a tramitación do reembolso das sancións aos emigrantes retornados. Á primeira hora da tarde, o PP fixo público un comunicado no que asegura que os afectados «poderán realizar declaracións e solicitudes de condonaciones» sen ter que acudir á capital da provincia.

«Os emigrantes retornados de Monforte poderán realizar nas oficinas de Facenda as declaracións que non estean prescritas, así como a solicitude de condonación das sancións, recargas e intereses de demora», detalla Julia Rodríguez. Deste xeito, subliña, os afectados «non terán que desprazarse a outras cidades» para levar a cabo esas xestións.

 

 

O prazo está aberto

 

O ministro Cristóbal Montoro avanzou en setembro do pasado ano que se procedería á devolución duns 20 millóns de euros en concepto de sancións e intereses aos emigrantes retornados que regularizasen a tributación das pensións que perciben doutros países. O anuncio produciuse por mor dunha interpelación formulada pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila, que solicitou sen éxito que as devolucións se efectuasen de oficio e sen necesidade de ningún tipo de reclamación.

O ministerio fixou un prazo para tramitar o reintegro das cantidades que se abonaron en concepto de sancións. Comezou onte e estará aberto ata o próximo día 30 de xuño. A comunicación de que as xestións non se realizarían na delegación local de Facenda chegoulles aos traballadores o pasado venres.

«Se as xestións do PP serven para arranxar o problema, estupendo. Xa tiña que estar resolto. Nós pedímolo en canto soubemos da situación. Foi de casualidade, porque nin tiñamos nin temos ningunha comunicación oficial», sinalou onte o alcalde, Severino Rodríguez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas