GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 2.500 composteláns fóronse ao estranxeiro dende o 2009

(02/03/2015)

Máis de 2.500 composteláns fóronse ao estranxeiro dende o 2009



A poboación activa de Compostela
reduciuse en 2.400 persoas dende o inicio da crise económica



marga mosteiro. santiago / a voz, 02 de marzo de 2015.








A poboación activa de Santiago
vive unha sangría constante dende o inicio da crise económica. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, no 2009 había 8.854 santiagueses vivindo no estranxeiro fronte aos 11.436 que residían no 2014; é dicir, 2.582 persoas fixeron as súas maletas e fóronse a traballar fóra de España debido á falta de oportunidades que lle brinda o seu país. Só no último ano, 482 composteláns tomaron o camiño da emigración.

Pero se este dato é dramático, aínda é peor a perda de poboación activa que vén padecendo a capital de Galicia dende o peor momento da crise económica, no 2009. Compostela
perdeu 2.337 habitantes de 16 a 64 anos entre o ano 2009 e o 2014. Unha franxa de poboación que corresponde precisamente coas persoas en idade de traballar, é dicir, aquelas que están en mellores condicións de xerar riqueza.

Só no último ano, a poboación activa de Santiago reduciuse en 867 persoas. Fronte á perda poboación activa, a cidade rexistrou entre os anos 2009 e 2014 un incremento de 2.094 habitantes maiores de 64 anos, e tamén viu aumentado o número de menores de 16 anos en 708 persoas nese mesmo período, que, non obstante, se reduciu en 241 individuos entre o 2013 e o 2014.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas