GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Os emigrantes que fundaron escolas tiñan visión de futuro»

(02/03/2015)

«Os emigrantes que fundaron escolas tiñan visión de futuro»

 

O seu avó paterno naceu en Ferrol e marchou de mozo a Cuba

Ana F. Cuba 2 de marzo de 2015.


Sixto Gómez Echemendia (Cego de Ávila-Cuba, 1986), licenciado en Filoloxía Francesa e Alemá pola Universidade da Habana, cursa un máster de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. O seu avó paterno naceu en Ferrol e el investigou sobre o fenómeno da emigración galega a Cuba.



-De onde vén a súa relación con Galicia?

-Son de ascendencia galega. O meu avó paterno naceu en Ferrol e emigrou mozo a Cuba. Dende pequeno intereseime pola historia familiar, pero foi na miña etapa universitaria na Habana cando entrei en relación co Centro Galego e Ferrol
e a súa bisbarra.


-E o seu interese pola emigración galega a Cuba?

-En toda Cuba hai unha forte tradición ligada á inmigración española dos séculos XIX e XX. De case un millón de españois, a metade procedía de Galicia. Poucos deles puideron regresar e os máis asentáronse definitivamente na illa e fixeron alí a súa vida.

-A que atribúe a emigración de tanta xente das bisbarras de Ferrolterra e Ortegal
?

-A unha realidade moi concreta, a existencia dun porto de embarque próximo e a propaganda por parte das compañías navieiras, cuxa influencia chegaba, con maior forza ás bisbarras estremeiras. A maioría dos emigrantes que embarcaban polo porto da Coruña rumbo a Cuba procedían de Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Ferrol, Mugardos, A Capela e Pontedeume
. Pero o fenómeno creo que é este en todos lados, sen excluír ás bisbarras do interior de Galicia.

-Como naceron os colectivos de emigrantes galegos, en concreto a Unión Mañonesa
?

-A enorme cantidade de emigrantes desprotexidos nun país estranxeiro deu lugar á necesidade de unión. Así foron xurdindo as primeiras sociedades de carácter rexional, como o Centro Galego e Naturais de Galicia, e posteriormente sociedades máis pequenas con fins específicos. A Unión Escolar Mañonesa, fundada o 14 marzo de 1909, foi unha das preto de duascentas sociedades microterritoriais que se crearon para fundar escolas nos seus lugares de orixe.

-Que hai detrás dese empeño de construír escolas nos seus pobos de orixe, en Galicia?

-Algúns cren que este fenómeno se debe ao afán de recoñecemento que tiñan algúns expoñentes da emigración, sucesores dos primeiros filántropos do século XIX. Outros ven mesmo unha elaborada estratexia para nutrir con novos brazos ao continxente migratorio, xa que se ensinaba aquilo que sería útil para a emigración. Eu creo que foi obra dun grupo de xente altruísta e con visión de futuro, que pensaron nunha Galicia mellor que a que eles coñeceran.

-Perviven as asociacións e centros galegos? Que papel desempeñan hoxe?

-Por suposto. Hai máis de cincuenta asociacións en activo, a maioría radicadas no pazo do Centro Galego da Habana. Son as mesmas, aínda que os seus fins foron cambiando ao longo do tempo. Actualmente están federadas e as máis pequenas acaban de realizar un proceso de fusión, deixando fóra soamente as destinadas a fins culturais ou con local propio. Todas estas asociacións xogan un papel relevante, xa que son depositarias dun legado transcendental na historia de Galicia.


-Como lles afectará o cambio que se está a xerar en Cuba?

-Se logra fraguar o que se está a iniciar por parte da Xunta, é dicir, a creación dun Centro de Información Xuvenil, estaríase a dar un gran paso para asegurar o futuro destas asociacións e ao mesmo tempo, promover dende alí accións formativas, para que os máis novos se integren ás empresas españolas que poderían operar na illa tras a posible apertura económica.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas