GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración protesta contra ´ o terror ´ aos emigrantes

(27/02/2015)

O Foro Galego de Inmigración protesta contra ´ o terror ´ aos emigrantes


efe | a coruña 25.02.2015 |
La Opinión



O Foro Galego de Inmigración iniciou na Coruña
a súa II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras cunha concentración, na que quixo evidenciar a súa contestación "á política de terror, de barbarie, que se está a implementar cos emigrantes".

O integrante desta organización na capital herculina, Nicanor Acosta
, participou nesta protesta ante a Subdelegación do Goberno, xunto a unhas quince persoas, unha acción que repetirán en máis cidades galegas polos dereitos dos emigrantes e contra a represión das políticas migratorias.

Acosta asegurou, en declaracións a Efe
, que se están "a privilexiar as fronteiras por enriba do respecto ás persoas" e exemplificou esta situación cos casos de Ceuta e Melilla.

"Todos pertencemos á mesma humanidade, teñamos a cor que teñamos, e hai que ser conscientes diso, sobre todo en Galicia que leva a emigración no seu ADN
", indicou.

Nicanor Acosta
, elixido este ano como republicano de honra pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica na cidade "polo seu carácter militante en contra de toda inxustiza", recorda que máis de dous millóns de españois tiveron que abandonar o país durante a crise.

Neste contexto, preguntouse "que pasaría se os países que os reciben os metesen nuns voos clandestinos de volta ao seu país, a España e a Galicia".

"Isto está a pasar cos subsaharianos e temos que responder a isto", resaltou, para insistir seguidamente en que "cada vez que se cargan os dereitos humanos nos instalamos na barbarie, volvemos séculos atrás".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas